PARA QUE GAÑE maceda.
Transcription
PARA QUE GAÑE maceda.
- Publicaremos Bases de contratación públicas para a selección de persoal para que poida acceder toda a cidadanía en igualdade de oportunidades e con criterios obxectivos de acordo co Estatuto Básico do Empregado Público. 3.2 AUSTERIDADE - Priorizaremos o gasto segundo o criterio do interese xeral. - Impulsaremos os orzamentos participativos para que a cidadanía se implique activamente en que decide gastar o diñeiro público. - Reduciremos o IBI para as familias numerosas. 1 Ana María Rodríguez Blanco 2 José Arcos Álvarez 3 José Ramón Rodríguez Gallego 4 Rosa María Prol Cid 5 Rosa María Fariñas Sánchez Ana María Rodríguez Blanco Candidata á Alcaldía de Maceda 3.3 FLEXIBILIDADE HORARIA - Adecuaremos os horarios de determinados servizos municipais á xornada laboral da veciñanza: as oficinas estarán abertas o martes pola tarde. 8 Isabel Díaz Garrido 9 José González Carballo 10 María Concepción Blanco García 1 Raquel Bretaña Durán Suplente 2 Ramón Villar Paredes Suplente 3 Hermelindo Sánchez García Suplente 4 Piedad Martínez Baltar Suplente 5 Roberto Carlos Osorio Lamelas Suplente 6 Victoria Gómez Martínez Suplente 7 José García López Suplente 6 José Manuel González Baceiredo 7 Francisco Domínguez Martínez 3.4 SOLIDARIEDADE - Fomentaremos o voluntariado: entre os estudantes, en apoio dos Servizos Sociais e interxeracionais. - Colaboraremos co desenvolvemento de causas solidarias. 11 Eladio Rivas Rodríguez PARA QUE GAÑE maceda. PARA QUE GAÑE maceda. O noso programa céntrase en ti, veciño, veciña de Maceda con actuacións de bo goberno, transparente e austero. Combina políticas activas dirixidas á mellora do benestar social e do progreso económico. As políticas de conciliación da vida laboral e familiar, de atención ás persoas maiores, de educación e formación en igualdade permitirán fixación de poboación e mellora da calidade da vida. As políticas de promoción do desenvolvemento económico aproveitan a proximidade de Ourense coa nova “estrada da Rabeda” con actuacións de progreso sustentable. 1. POLÍTICAS SOCIAIS 1.1. EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE - Esixiremos a construción da Escola Infantil 0-3 anos. - Reforzaremos os programas educativos fóra do horario lectivo en Inglés, Informática e Ensinanzas Artísticas en Primaria e na ESO. - Reforzaremos medidas contra o fracaso e o abandono escolar. - Crearemos unha Escola Permanente de Adultos. - Axudaremos ás familias do alumnado de Educación infantil con becas para a adquisición de libros. - Converteremos a Biblioteca en Mediateca. - Promocionaremos as manifestacións culturais propias –como o Antroido e o magosto- e protexeremos o patrimonio. - Desenvolveremos programas municipais de deporte como actividade saudable, de lecer e formativa para contribuír ó desenvolvemento integral das persoas segundo a súa idade. - Presentaremos un proxecto para converter as actuais piscinas, en climatizadas. A veciñanza participará na decisión da súa execución, porque se consultará o gasto dos orzamentos. - Estableceremos convenios para construír un campo de fútbol de herba artificial. - Optimizaremos o uso do Pavillón de Deportes. 1.2. BENESTAR - Prestaremos atención de Axuda no Fogar 2h semanais como mínimo ás persoas usuarias deste servizo. - Aproveitaremos os recursos para axilizar, apoiar e facer un seguimento das persoas dependentes e as súas familias. - Esixiremos a apertura do Centro de Día. - Desenvolveremos, para evitar a exclusión social das persoas que quedan excluídas do mercado laboral, unha intervención global: formación, vivenda. - Impulsaremos a apertura dun Centro da Mocidade para todas as persoas mozas. - 1.3. IGUALDADE - Ampliaremos a conciliación da vida laboral e familiar coa Acollida Temperá do alumnado de Infantil e Primaria antes e despois do período lectivo tamén no período de vacacións lectivas, cando non hai clases. - Impulsaremos unha Ludoteca para nenas e nenos con actividades de lecer en períodos non lectivos vacacionais e os fins de semana. - Desenvolveremos Programas de coeducación en todas as etapas educativas. - Comprometémonos a combater todas as formas de violencia apostando pola prevención co desenvolvemento do II Plan de Igualdade coa inclusión da perspectiva de xénero de xeito transversal nas actuacións municipais. - Promoveremos cursos de formación en coidados sociosanitarios, informática así como en actividades de pouca presenza da muller. - Esixiremos a realización de probas analíticas da muller no Centro de Saúde. - 2. PROMOCIÓN ECONÓMICA 2.1. DESENVOLVEMENTO ACTIVIDADE ECONÓMICA - Promoveremos o Parque Empresarial. - Potenciaremos o Centro Aberto do comercio local. - Reordenaremos o tráfico na vila para dar pulo ó comercio - Impulsaremos o turismo coa apertura de rutas para andainas, de interese paisaxística e etnográfica. - Promoveremos actuacións harmónicas entre a actividade forestal e a gandeira. - Impulsaremos a mobilidade sostible coa incorporación de Maceda ó transporte público como entorno da cidade de Ourense, coa proximidade agora coa nova Ou-101. - Promoveremos servizos públicos de xeito transversal que fixen poboación. 2.2. URBANISMO E MEDIO AMBIENTE - Crearemos unha Brigada Multifuncional para garantir a inmediatez de mantemento e limpeza de espazos públicos tanto nos pobos como na vila, como limpeza de arquetas, cunetas e noiros das estradas e contenedores, arranxos de beirarrúas e outros. - Promoveremos a apertura da Rúa Otero Pedrayo. - Promoveremos a apertura da Rúa Carreira Cova. - Promoveremos a construción de beirarrúas no tramo alto da Rúa das Canteiras. - Restauraremos e habilitaremos Parques Infantís. - Optimizaremos os recursos enerxéticos. - Impulsaremos a recollida de residuos para o punto limpo. - Fomentaremos a reciclaxe. - 2.3. FORMACIÓN E EMPREGO - Presentaremos proxectos para Obradoiros de Emprego. - Dinamizaremos a coordinación da Oficina Municipal co Servizo de Emprego e a comunicación pública, para centrarse nos itinerarios das persoas desempregadas. - Desenvolveremos un Plan de Formación e de Emprego para a Mocidade en colaboración con todos os sectores implicados. - Promocionaremos o Cooperativismo entre estudantes e veciñanza. - Impulsaremos o concello como intermediario entre quen precise locais para emprender novas actividades e quen posúa locais desocupados. - 2.4. VIVENDA - Estableceremos convenios para a construción de vivenda protexida de aluguer con criterios obxectivos. - Crearemos un banco de aluguer para intermediación entre propietarios/as e inquilinos/as. - 3. BO GOBERNO 3.1 TRANSPARENCIA - Informaremos das actuacións municipais e a xestión orzamentaria a través de distintos medios, entre eles as TICs (novas tecnoloxías) - Informaremos das retribucións dos cargos públicos electos.
Similar documents
hotel balneario de cabreiroá 005
cabe salientar a creación coa colaboración do Concello de Ourense da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais, a partires dos Encontros de Cidades Termais Europeas de Termatalia. Asimesmo, ...
More information