Audiovisual nas aulas
Transcription
Audiovisual nas aulas
Martes, 7 de marzo de 2006 • Número: 126 Audiovisual nas aulas Os alumnos galegos participarán en cursos de iniciación á televisión, á animación e ao audiovisual Redacción VIGO A o redor de 60 centros galegos de Educación Infantil, Secundaria e Bacharelato participarán este ano no proxecto Audiovisual nas Aulas “Au2005” que introduce como principal novidade unha terceira fase denominada Iniciación á Televisión. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, e o presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia e secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, presentaron a iniciativa. Audiovisual nas Aulas pretende formar a alumnos de Primaria, Secundaria e Bacharelato nas claves da linguaxe audiovisual en galego. Na presentación, Laura Sánchez Piñón destacou a crecente necesidade de “introducir a disciplina audiovisual nas diferentes etapas do ensino público”, coa conseguinte implicación do sector audiovisual. Referíndose ao proxecto presentado, a conselleira de Educación confía en que Galicia se converterá nun referente estatal e subliñou que o principal é formar a estudantes responsables. O proxecto Audiovisual nas Aulas púxose en marcha en 2003 e estará presente en preto de 60 centros galegos que participarán nas distintas fases do proxecto: iniciación á televisión; á animación e ao audiovisual. Iniciación á televisión é a nova fase do proxecto e aplicarase nos centros que xa participaron nas dúas primeiras edicións. Pretende ensinar aos nenos a ver televisión, xa que é o medio de comunicación maioritario na sociedade, sobre todo entre os menores. Esta nova fase consiste na edición de unidades RAFA VÁZQUEZ Alumnos universitarios de Audiovisuais realizando prácticas na súa facultade do campus de Pontevedra. didácticas, que se distribuirán a todos os alumnos; a edición dun póster didáctico; monitores especializados, un por cada centro; e demostracións prácticas no centro en colaboración coa CRTVG. Iniciación á animación foi a grande novidade da anterior edición e tivo carácter pioneiro en España, aproveitando o prometedor desenvolvemento que este sector audiovisual está a ter en Galicia. Neste curso aplicarase nos 28 centros. O seu obxectivo principal é dar a coñecer ao alumnado o notable de- Preténdese formar nas claves da linguaxe audiovisual ■ senvolvemento da animación audiovisual, a través de varias empresas do sector que colaborarán na campaña achegando profesionais e materiais para amosar aos alumnos participantes. Os alumnos desta fase participarán nun taller de animación, no que producirán unha pequena peza de entre 15 e 30 segundos. Iniciación ao audiovisual consistirá na edición de unidades didácticas; edición de dous pósteres coas nocións básicas da linguaxe audiovisual; elaboración dun DVD didáctico como apoio ás unidades didácticas; monitores especializados, un por cada dous ou tres centros; unha proxección cinematográfica en sala de cine; visita ás instalacións de TVG; visitas a unha rodaxe ou a un plató de televisión. Celebramo-lo Entroido Numerosos centros escolares galegos presentáronnos as súas actividades de Entroido. Fixemos unha escolma das máis orixinias. Páxinas 2 a 6 COORDINA: MARISA REBOIRAS ■ DEBUXOS: Javier Aguilera ■ PÓSTER: Luis Davila ■ CORRESPONDENCIA: A ESCOLA DO FARO. FARO DE VIGO C/ Uruguay, nº 10, 36201. Vigo ■ TELÉFONO: 986 23 65 59 Fax 986 81 46 51 y 986 23 65 59 ■ E-MAIL: MREBOIRAS@telefonica.net jportela@epi.es A Esc o la do Faro 2 FARO DE VIGO Ti participas Martes, 7 de marzo de 2006 Os alumnos do Departamento de Francés do IES Daviña Rei de Monforte preséntannos o seu traballo IES DAVIÑA REI O mural elaborado polos alumnos do departamento de francés do instituto de Monforte de Lemos. Comparando os Entroidos de Bélxica e Galicia O Redacción VIGO departamento de Francés do Instituto de Ensino Secundario Daviña Rei de Monforte de Lemos (Lugo) está a desenvolver unha curiosa actividade enmarcada dentro das festividades co gallo do Entroido, que estos días celebrouse en diversos puntos de España, Galicia e, por suposto, da bisbarra de Lemos. A actividad, na que colaborou o departamento de Galego, ofrece unha visión comparativa de elementos típicos de dúas culturas. Por un lado, os da localidade belga de Binche (Wallonie),con detalles orixinais, e, por outro, o gallego, sobradamente coñecido. Para elo, coordinado polas profesoras Laura Cereijido López e Soledad López Janeiro, os alumnos de 1º e 3º curso de ESO procederon a traballar en dúas vías distintas, unha relacionada coa lingua francesa e a cultura belga, e a outra, directamente coa lingua e cultura da nosa autonomía. Así, no que compete ao apartado relacionado coa lin- gua extranxeira que estudian no seu centro escolar, os alumnos do citado nivel académico confeccionaron un moneco de tamaño natural bautizado como “Le Gilles”. Dende o século XVI, a cidade belga de Binche (Wallonie) festexa o seu celebre Entroido, no que a personaxe central é o “Gilles”. “A súa orixe estaría nunha festa organizada pola raiña María de Hungría no ano 1549, co gallo da visita do seu irmán o emperador Carlos V ao seu castelo de Binche. No decurso desta festa os invitados, disfrazados de Incas, eran chamamados “Gils” e levaban postos traxes procedentes de Perú”, explican os responsables do departamento de Francés do instituto monfortino. O traballo recolle a tradición da cidade belga de Binche O moneco Os estudiantes confeccionaron dito moneco, procedendo igualmente a presentar información sobre a súa orixen, historia e demáis datos en lingua francesa, como exercicio de expresión escrita. “Os Gilles salen únicamen- IES DAVIÑA REI A representación dun dos monecos da exposición do Entroido belga. te na xornada do “Mardi Gras”, equivalente en Galicia ao martes de Entroido. Levan a cabo dúas salidas: pola mañán, despois de haber bebido unha copa de champagne, be- bida oficial do Rei do Entroido, e haber desaiunado ostras, colócanse a súa máscara e levan a cabo a ronda matinal. Ás tres da tarde saen de novo, esta vez con cadanseu sombreiro de plumas de avestruz, cuio precio acada os 1.000 euros, armados con laranxas que lanzan contra as persoas que saen ás rúas para miralos e participar desta festa. Como ser “Gilles” “Para ser “Gilles”, hai que ser obrigatoriamente home, belga, natural de Binche ou residir nesta vila ao longo de cinco anos”, engaden os profesores organizadores desta actividad. Para completa-la presencia de tan curioso moneco, que ofrece unha visión carnavalesca do norte de Europa, o traballo dos alumnos tamén se acompañou de diversa documentación na que figuran igualmente apartados característicos desta festa tan popular en Galicia. Así hai referencias aos peliqueiros, as pantallas, os cigarróns, as filloas, a gastronomía destas datas, etc. A realización e exposición de “Gilles” enmárcase nun calendario de actividades que organiza o Departamento de Francés do instituto Daviña Rei de Monforte ao longo do presente curso escolar. Traballos con cartas dirixidas aos alumnos doutros países e a realización dunha exposición de tarxetas navideñas en dita lingua foron os anteriores traballos. No presente curso, na súa lista de actividades está a presentación de diversos traballos comparativos a un concurso da Alcaldía da capital de Francia, Paris; a asistencia a unha representación dunha obra de teatro en lingua francesa ou a representación de diversos “sketches” no festival intercentros organizado polo Concello de Monforte de Lemos. Martes, 7 de marzo de 2006 Unha orquestra de instrumentos luminosos 3 Ti participas A Esc o la do Faro FARO DE VIGO Os alumnos do Colexio Público Fonte Escura celebraron o Entroido convertidos nun grupo musical baixo a batuta dunha luz negra Redacción VIGO O s nenos e nenas que estudian no Colexio de Educación Infantil e Primaria Fonte Escura de Vigo celebraron o seu Entroido dun xeito moi orixinal. Os alumnos do centro escolar foron preparando en días anteriores a súa actuación, porque decidiron, xunto cos seus profesores, convertirse nunha orquestra moi divertida. Eles crearon unha orquestra fluorescente. Nenas e nenos, dirixidos polos seus mestres, confeccionaron os seus instrumentos e preparáronse para ofrecer un concerto. A actuación estivo dirixida por unha luz negra, que foi a encargada de levar a batuta deste concerto de Entroido. As fotos que acompañan a información desta páxi- na deixa ben ás claras o bo traballo realizado polos alumnos do CEIP Fonte Escura e o éxito da súa iniciativa. Eiquí pódense apreciar os traxes conxuntados dos integrantes desta orixinal orquestra e tamén a fluorescencia dos seus instrumentos musi- cais. O éxito desta experiencia musical e didáctica tamén tivo o seu premio. Escolares e profesores permitíronse celebralo coa degustación de postres típicos destas datas de Entroido, nas instalacións do colexio vigués. 4 A Esc o la do Faro FARO DE Martes, 7 de ma DESFILE DE MODA OVOS MULTICOLOR XIZ DE CO COMPLET Hai pase de modelos en Pontevedra anunciando a moda de primavera. Ernestina, a galiña, puxo un ovo na cociña. Xiz de cor para pintar de verde a primavera que florece Lévanse os vermellos, azuis e violetas, en saias e pantalóns. Que elegancia! Que beleza! Blusas raiadas, de cor vermella, visten as nenas para ir de festa. Todos as miran, todos as contemplan mentres desfilan cal bolboretas. Para no ser menos locen os cabaleiros camisas de seda de orixinal diseño. E elegantes eles, e guapas elas, enchen de colorido toda a pasarela. Colectivo 5ºB Era grande e vermello con raias e puntos negros Chegou Critina , o avestruz e puxo dous de cor azul e o paspallás Voador, tres con pintas marróns Os de Bibí ,a cegoña, tiñan todos manchas rosas e os da oca Branquipasta eran de cor laranxa. Puxo ovos brancos e amarelos Farrapiño, o parrulo pequeno. e ata un enorme e dourado Rapaures, o dinosaurio. Tódolos peixes do estanque puxeron ovos verdes ao instante. Canto alboroto! Que avalancha! Haberá rebaixas na granxa? 1ºA e 1ºB de dourado os bicos dos namorado de amarelo o limón e o pomelo, de rosa a flor máis fermosa, de prateado a sarabia dos prados, de vermello un corazón no espello e de azul e de malva a tranquilidade e maila Cores escuras, cores c para pintar doces palab 3ºB e A Esc o la do Faro E VIGO arzo de 2006 O RECORDO DAS CORES OR TO e, os, Desde a ventá do faiado podo ver a paisaxe da miña aldea.Unha paisaxe que cambia de cor, segundo o día e segundo a estación. Un día de verán, pola mañán cedo, o ceo é azul, case transparente. Ó fondo, as verdes montañas, salpicadas con diminutas cores amarelas. A herba verde clara , con flores vermellas, violetas,...como se fosen sacadas dun cadro. E, moito máis alá, divísase unha cor azul: é a cor do mar, onde navegan barcos azuis, verdes, laranxas... Ó solpor, o sol vólvese vermello como se o sol estoupara. Nun día de inverno mudan as cores. O ceo vese gris, case negro. As árbores mesturan o marrón e o amarelo, e a herba é dun verde apagado. O mar parece negro, só ten os tonos brancos que fai a escuma das ondas ó bater contra as rochas. A única cor que non cambia é a que perdura na miña memoria: a cor branca do pelo da miña nai. Asun Vilas (Nai de dous alumnos) calma. laras bras. e 3ºA 5 A Esc o la do Faro 6 FARO DE VIGO Martes, 7 de marzo de 2006 COLEXIO MONTERREY Os alumnos de Infantil e Primaria divertíronse moito cos seus disfraces na festa que celebraron no Colexio Monterrey. Entroido no Monterrey O Sergio e Alejandro C. MONTERREY Colexio Monterrey de Vigo celebrou o seu Entroido dun xeito distinto a anos anteriores. Sergio Martínez Nieto e Alejandro Polina González, alumnos de 5º de Primaria, convertéronse en redactores de A ESCOLA DO FARO para contarnos cómo pasaron estas festas. “Este ano, os profes de Infantil puxeron un Meco no patio e cada día dábanos unha orde que todos tíñamos que cumprir. Un día tivemos que levar un gorro e se non tiñas na casa, debíamos facelo de papel, e outro, tivemos que acudir ao colexio en pixama por orden do Meco. O venres 24 celebramos unha gran festa de Entroido para a que tivemos que confeccionar e decorar máscaras e caretas para un concurso que organizou a Asociación de Pais”. C. MONTERREY Grupos de disfraces. A Esc o la do Faro FARO DE VIGO 7 Martes, 7 de marzo de 2006 Axenda Visitas a FARO DE VIGO LIBRO RICARDO GROBAS COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL (JESUITAS) DE VIGO ■ Alumnos de 2º de Primaria. Nuevas tecnologías para la Educación Infantil y Primaria J. SIRAJ-BLATCHFORD Colección Pedagogía: Educación Infantil y Primaria. Centro de Investigación y Documentación Educativa y Ediciones Morata. 202 Páxs. MIGUEL NÚÑEZ COLEXIO SAN FERMÍN DE VIGO ■ Alumnos de Primaria. MIGUEL NÚÑEZ COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL (JESUITAS) DE VIGO ■ Alumnos de Primaria. Este libro de John Siraj-Blatchford, profesor da facultade de Educación da Universidade de Cambridge, ofrece modelos para crear recursos educativos dirixidos a nenas e nenos de 4 a 8 anos, contando sempre coa súa participación e sobre a base das novas tecnoloxías da información e a comunicación. Os traballos que integran este volumen tratan de mellora-la comunicación e a colaboración con nenas e nenos, estimula-la creatividade e a resolución de problemas e a prestar atención ás necesidades educativas especiais. Este libro proporciona un material valioso e único para o profesorado de Infantil e Primaria, para quenes se dedican a investigar o uso da tecnoloxía actual dirixida a estudiantes destas etapas educativas, así como para os que traballan no deseño e desenvolvemento de recursos didácticos. A Esc o la do Faro 8 FARO DE VIGO Eco-Escola Martes, 7 de marzo de 2006 Redacción VIGO U n novo informe elaborado pola organización ecoloxista Greenpeace denuncia o baixo nivel de reciclaxe do lixo que se xenera en España. Só se recupera o 11,5 por cento; una cifra ínfima si se ten en conta que prácticamente todolos residuos teñen o seu ciclo de tratamento. Pese a elo, o 88,5 por cento do lixo remata ardendo nunha incineradora ou nun vertedoiro. Neste contexto, a organización ecoloxista exixe un Plan Nacional de Residuos que se base no modelo de “residuo cero”. O informe “A situación do lixo en España” elaborado con datos do ano 2003 detalla que o 48,9 por cento do lixo que se xenera en España corresponde a materia orgánica; o 18,5 por cento é papel; o 11,7 por cento é plástico e o 7,6 por cento, vidro. Segundo lamentou a ponente do informe, Sara del Río, pese a que a materia orgánica podría compostarse, só 13 comunidades autónomas utilizan esa fórmula e só dúas (Valencia e Murcia) aplicanna a máis do cinco por cento dos seus residuos. A compostaxe é unha técnica mediante a cal lixo como os restos de comida ou os desperdicios de animais de matadeiro convírtese nun valioso nutriente para o solo xa que mellora as súas propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Na mesma línea, Del Río A reciclaxe de papel e de cartón está acadando bós resultados na comunidade galega. Educar para acadar o “residuo cero” Casi o 90% do lixo acaba en vertedoiros ou incineradoras denunciou que só o 4,2 por cento dos briks e os plásticos chega ás plantas de clasificación, das que en España hai máis de 60. Del Río denuncia que a recollida selectiva de lixo sigue sendo “anecdótica” en España, posto que só cinco autonomías fanno con máis do dez por cento do total dos seus residuos e tres recollen selectivamente menos do cinco por cento. Para agravar máis a si- tuación, os españois cada vez producimos máis residuos. Greenpeace estima que a cantidade de lixo que xenera cada cidadán creceu un 29,35% en dez anos ao pasar de 1,06 a 1,38 kilos. Os españois producimos un total de 21,4 millóns de toneladas de lixo, o que supón un aumento do 40 por cento respecto a 1996. A comunidade que encabeza a lista é Andalucía, á que corresponde un 17,8% do Encontros sobre conflictividade escolar Redacción VIGO O s XXI Encontros de Educación para a Paz, que se celebrarán en Santiago do 9 ao 11 de marzo, volverán a trata-la “Convivencia e conflictividade escolar”, asunto que xa habían abordado no 2001. O congreso está organizado pola Universidae de Santiago (USC) e o Seminario Galego de Educación para a Paz. A vicerrectora de Estudiantes, Elena Vázquez Cendón, sinalou que se trata dun tema “fortemente conectado coa realidade e as dificultades do momento”. Fontes da USC explicaron eque se trata dun fenómeno “candente, que preocupa a toda a comunidade educa- tiva”, a pesar de que, en térmos estatísticos, só afecta ao 0,3 por cento do alumnado. Por elo, o presidente do Seminario, Manuel Dios, considera que “estamos agora nas mellores condicións para afrontalo con perspectiva de futuro”. A conferencia inaugural correrá a cargo do catedrático de Socioloxía da Universidade de Salamanca Mariano Fernández Enguita, que falará sobre “Vivir, sobrevivir e convivir nas aulas: O centro escolar como microcosmos social”. Na segunda xornada vanse a celebrar dúas mesas redondas, a primeira delas sobre violencia e xénero e a segunda, sobre o Plan galego de Convivencia Escolar, na que falarán Manuel Dios, Plácido Blanco e Calo Iglesias. total seguida de Cataluña (17,22) e Madrid (14,61), por ser as zonas máis pobladas. Pese a que ningunha comunidade fai unha boa xestión do seu lixo, as que pior o trata son Canarias e Ceuta, que eliminan máis do 95% de lixo urbano. Neste marco, Greenpeace pide un Plan Nacional de Residuos que vaia máis aló do que remata este ano e que se base no novo modelo de “residuo cero”. Segundo o portavoz, Juan López de Uralde, deberíase impulsa-la recollida selectiva da materia orgánica e o seu aproveitamento, fortalecela reutilización, reimplanta-los sistemas de depósito, devolución e retorno de envases, que os fabricantes se responsabilicen dos seus productos en todo o ciclo de vida e establecer tasas para todolos residuos que se desaproveiten para financiar políticas de prevención e producción limpia. Concurso para respectar o medio ambiente Redacción VIGO E diciones SM convocou o concurso escolar “Coida o teu planeta amigo”, co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o vindeiro mes de xuño, co obxectivo de implicar aos centros de toda España en fomenta-la sensibilización dos estudiantes na importancia do coidado do planeta e a construcción dunha “cultura de paz” con eles mismos e o seu entorno. O concurso está dirixido a alumnos e profesores de terceiro ciclo de Educación Primaria e consiste na elaboración de carteis, a redacción de consellos para coida-lo medio ambiente ou fotografías, que deberán enviarse a SM antes do 22 de maio. Haberá un primeiro premio de 500 euros para a aula gañadora; a edición e fabricación do material gañador, que será incluido como un máis dos recursos didácticos do proxecto “Planeta amigo”, con difusión nacional, e un lote de libros. Tamén se premiará aos catro finalistas de cada unha das modalidades cun lote de libros sobre educación medioambiental e 30 cadernos e bolígrafos para os alumnos co lema “Coida o teu Planeta amigo”. Baixo o lema, “A emoción de convivir”, esta iniciativa pretende ser tamén unha forma de que os alumnos aprendan a realizar críticas constructivas, entende-lo mundo e convivir na interculturalidade.