A Banda de Música de Vilalba celebra 20 anos
Transcription
A Banda de Música de Vilalba celebra 20 anos
0,30 € nº 88 A Banda de Música de Vilalba celebra 20 anos Abril 2011 Comeza a conta atrás para as eleccións municipais do 22 de maio A menos dun mes de elixir aos novos alcaldes e na recta final de presentación de propostas e candidaturas falamos co actual alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, o candidato socialista ao concello de Begonte, Serafín Otero, e a candidata nacionalista á alcaldía en Xermade, María do Mar Hermida. 9-15-18 Abrimos unha nova sección sobre turismo na comarca: este mes visitamos Guitiriz A riqueza natural da zona non pode quedar agochada e por elo amosamos os rincóns de cada un dos concellos da Terra Chá. 28 Xosé Luis Regueira, novo membro da RAG Son 56 músicos os que integran unha formación que cumpre dúas décadas de vida. O día 23 de abril celebrárono cun concerto en Vilalba e arrancan unha nova etapa chea de proxectos para intentar achegar a música aos rapaces máis novos co obxectivo de que esta agrupación continúe medrando. 25 Xosé Luis Regueira naceu en Goiriz e criouse en Alxide. Viviu en Vilalba antes de marchar a Compostela e converterse en Catedrático en Filoloxía Galega.Tras ser nomeado membro da Real Academia Galega conversamos con el sobre a situación actual da nosa lingua. 24 2 colaboracións abril 11 Aínda me lembro da miña primeira vez, que xa choveu por certo, e aínda é moi nidia para min aquela imaxe. Aquela primeira páxina web que vin, que era a de Yahoo cargada naquel navegador web Mosaic (avó do actual Firefox). Yahoo era tan omnipresente como hoxe é Google, que non existía aínda; tampouco existía Internet Explorer e as páxinas web semellaban máis a un documento de Word que o que hoxe en día estamos afeitos. Calquera que teña interese por saber como eran non ten máis que "googlear" por The WayBack Machine. Pero lembranzas aparte, si quería salientar que daquela conectarse non era nada doado, traballábase aínda con Windows 3.1 ou algún UNIX comercial coas X e o proceso era un fastío. Primeiro había que conectar vía modem telefónico con algún dos escasísimos provedores de servizos e logo iniciar a pila TCP/IP para acceder á rede e deseguido xa podías abrir o navegador, o gopher, o ftp, etc. Para facerse unha idea as velocidades eran mínimas e literalmente case podías ler ao mesmo tempo que se ía cargando a páxina, os custos eran incribles, un auténtico luxo; aínda así cada vez que estabas en liña tiñas a certeza de participar en algo grande que estaba agromando. Algúns dos que estabades daquela alí todo isto soaravos; igual que dentro duns anos soará a sabido como facemos hoxe para conectarse a unha rede wifi por exemplo. E digo isto porque esta sensación de estar participando en algo grande vólveme agora lendo a nova que a Comisión Europea comeza a regular a asignación de frecuencias para as redes 4G. Abondando máis no tema: na ac- radoras de telecomunicacións de todo o mundo amósanse reacias a facer este esforzo económico tan grande e están poñendo fortes obxeccións. O despregue do 4G suporá que calquera dispositivo con conectividade sen fíos a Internet poderá acceder desde calquera lugar, e en movemento, a un ancho de banda teórico de 100 megabits por segundo en baixada e 50 megabits por segundo de subida de datos. Isto significa poder facer o que hoxe podemos facer desde o ordenador, pero empregando no canto un dispositivo móbil, unha tableta ou un portátil e acceder a toda a información que ofrece hoxe Internet mentres se anda, se conduce, ou se está no restaurante, información ademais relacionada coa posición que os usuarios teñan no mapa. A Internet ubicua. O abano de aplicacións que poden xurdir e grande e as aplicacións empresariais moi grandes porque esta información en movemento pode modificar o comportamento de última hora das persoas. En 4G toda a información, sexa voz, textos, imaxes ou audio chegarán ao móbil do usuario por protocolo de Internet, protocolo IP. Isto tradúcese en que as chamadas de voz poderán facerse por IP podendo falar de balde de móbil a móbil empregando programas como Skype, ou recibir calquera canle de TV do mundo en directo, por exemplo. Ou sexa, coa tecnoloxía 4G Internet sairá á rúa. Outra cousa é como modelarán esta evolución as telecos, que seguro terán moito que ver con esta futura revolución. Permanezan atentos aos seus terminais. A revolución da 4G xa está aquí Fernando Rodríguez Vidal tualidade aínda que as tecnoloxías móbiles foron gañando cada vez máis espazo fáltalles bastante para poder reemprazar aos ordenadores como centro da nosa vida dixital. Nembargante vense especulando moito que os pequenos dispositivos de conex i ó n (smartphones, tabletas, consolas de videoxogos, e t c . ) serán o centro d a s nosas vidas no futuro, pero a eiva que temos ata o de agora é a imposibilidade de acceder ás redes de datos de forma ubicua e asequible ao noso peto. Aínda temos que dar moitos pasos para acceder e vixiar os custos, e as famosas tarifas planas de datos non son tal, nin o acceso ás redes móbiles é tan marabilloso como nos vende a publicidade das telecomunicacións. A 4G é a vindeira xeración de estándares de telefonía móbil, que xa inclúen Long Term Evolution (LTE) e Worldwide Interoperability for Microwave Access (WiMAX) e son máis avanzados e rápidos que os estándares 3G e 2G. E sobre todo significa un ruptura co pasado. A gran diferenza coas tecnoloxías de redes móbiles anteriores reside en que con 4G as antenas van moito máis aló de ser só repetidores captadores de sinais a emisores da mesma. Se con GSM, GPRS e UMTS (que equivalen a 1G, 2,5G e 3G) só se identifica o sinal e se retransmiten datos, aínda que este sinal sexa complexo e inclúa voz, texto, imaxes ou acceso web. Agora na telefonía 4G a antena é a terminación libre dun canuto de cables de fibra óptica que conducen ao acceso á rede e desprégano por unha área de varios quilómetros cadrados, extrapolando sería o mesmo que fai un router wifi en nun fogar. Obviamente, as compañías ope- CADERNOS DA VIAXE Estado xurídico de excepción Xoán Antón Pérez Lema É principio común en todas as democracias que só a sentenza penal definitiva crea situacións xurídicas permanentes. Á persoa imputada ou condenada pendente recurso non se lle poden limitar dereitos, de non ser, con carácter meramente cautelar para impedir que esa persoa poida fuxir da acción da xustiza. Este principio básico foi vulnerado pola maioría absoluta do PP e PSOE no Congreso e no Senado ao se aprobar, a finais do ano pasado, a recente reforma da lexislación electoral que entrou en vigor hai poucas semanas. E inserida nesa reforma lexislouse a in- exilibilidade (é dicir, a falla de aptitude xurídica como simples candidatos) das persoas condenadas en primeira instancia e pendentes de recurso por delitos contra “a Administración Pública”, sempre que foran condenadas a penas de inhabilitación ou suspensión e non liquidaran as mesmas. A reforma constituía un portelo máis que se lle pechaba aos supostos esforzos dos abertzales máis ou menos próximos a ETA por ver de impedir que estean presentes nos concellos a partires das eleccións do vindeiro 22 de maio. Pois ben, resulta que unha tal reforma (de moi dubidosa constitucionalidade, como de certo ditaminará o Alto Tribunal se se lle outorga a vez a medio da oportuna cuestión xudicial) ven de se aplicar pola Xunta Electoral con carácter retroactivo, excluíndo da candidatura do BNG en Arzúa ao actual alcalde, Xaquín Gª Couso. Por mor dunha condena apelada e non firme por unha suposta demora na execución dunha sentenza xudicial que tiña orixe nunha falta do anterior alcalde do PP. Precisamente o partido que denunciou perante a Xunta Electoral competente a suposta inelixibilidade do Alcalde. De seguro o Alcalde atinxido terá medios xurídicos abondo para amosar tanto a inaplicabilidade retroactiva desta norma ( a sentenza é anterior á reforma legal) como, se compre, a (in)constitucionalidade da mesma. Mais este gravísimo incidente ilústranos sobre os serios inconvenientes para a democracia e para as institucións xerados pola continua apelación a reformas legais “ad hoc” para, supostamente “combater o terrorismo”. Porque estas, en último de contas, rematan por limitar as liberdades de todos e por deturpar o noso réxime democrático. Rematan por implantar unha caste de Estado limitado de dereito. Un estado xurídico de excepción. O mesmo pasou coa chamada “doutrina Parot”. Comezou a se aplicar a terroristas. Hoxe temos cárcere perpetuo, na práctica, para delincuentes comúns reincidentes que, porén, nunca cometeron delitos de sangue. Sería bó que o Tribunal Constitucional fixara axiña uns límites a estas continuas reformas legais e xurisprudenciais que lembrara, tanto a presunción de inocencia até sentenza firme, como a inconstitucionalidade da pena de cárcere de por vida. colaboracións Boas novas para os nosos ríos Cinco mil anos de historia Pablo Veiga Lois Toirán Comeza a facerse xustiza cos nosos ríos. Fronte ao desleixo, cando non complicidade da Xunta coas desfeitas nos nosos ríos, o movemento ecoloxista vai conquerindo que a xustiza faga valer as leis que os defenden. A denuncia de ADEGA, a Audiencia de Lugo ven de condenar a penas de cárcere, multa e inhabilitación profesional, aos donos dunha canteira en Riotorto por verter no río Turia entullos. É unha mágoa que os nosos ríos teñan como única defensa a ecoloxistas e veciños mentres a administración é cómplice das desfeitas. Coas leis na man (Lei de Augas e Lei do Solo), conquerimos que o entullamento do río Turia en Riotorto baixo centos de toneladas de áridos de canteira non quedara impune. A Audiencia de Lugo vén de condenar aos responsables da canteira Cruz de Cancela a penas de cárcere, inhabilitación e multa como responsables dun delito ecolóxico. Por desgraza, este caso so é unha pingueira no mar: cantas falcatruadas cos ríos, as rías e a paisaxe seguen impunes? Cantas delas gozaron no seu momento do beneplácito da administración que en non poucas ocasións actuou ademais como promotora? Foi pola denuncia penal dos compañeiros de AEMS-Ríos con Vida, apoiada por ADEGA, que a Xunta non tivo máis remedio que obrigar a Ferroatlántica a devolver o caudal ecolóxico incumprido siste- 3 abril 11 maticamente durante 25 anos. Recuperamos deste xeito un pequeno caudal para a Fervenza do Ézaro pero durante os 365 días do ano e non só os domingos. Tivo que ser por imperativo legal, e logo de anos de loita dos ecoloxistas, que a administración vírase obrigada a reclamar de Ferroatlántica a restitución do caudal ecolóxico do Xallas (10% do caudal medio anual). Nestes anos, a Xunta non só amosou unha escandalosa condescendencia coa empresa, dona de facto do Xallas, senón que mesmo chegoulle a autorizar novos aproveitamentos hidroeléctricos que converteron a este río no máis asoballado polos encoros de todo o estado. Como cuantificar o lucro cesante que para a Costa da Morte e para Galicia tivo a enaxenación dun río e o secuestro dunha marabilla natural, a fervenza do Ézaro, durante 25 anos? En 1986-89 a construción do encoro de Santa Uxía por Cubiertas y MZOV na desembocadura do Xallas supuxo un dos primeiros traballos para un enxeñeiro recen chegado a Galicia, Agustín Hernández-Fernández de Rojas. Foi esta unha das agresións máis salvaxes ao noso patrimonio natural e que, para vergoña nosa, fixo de Galicia o único país do mundo cun accidente xeográfico a tempo parcial. Hoxe, dende a súa responsabilidade institucional como Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Sr. Hernández ten aínda a oportunidade de non acrecentar esta afronta e restituír algunha dignidade ao Xallas, declarando a caducidade das concesións hidroeléctricas antes de que o faga o xulgado. Queremos ao Xallas totalmente libre das gadoupas de Ferroatlántica e ímolo conseguir pese a quen lle pese e coa lei na man. Custa imaxinar como poderían ser os lugares onde nacemos ou vivimos actualmente no pasado, sobre todo se este é moi lonxano e tamén como era a vida diaria das persoas. Temos testemuños da República, a guerra e a posguerra, contados por aqueles que viviron eses tempos, así como multitude de documentos. Con todo elo, facémonos unha idea aproximada da vida nas aldeas e parroquias chairegas durante os convulsos e duros anos trinta e corenta. Historias marcadas pola escaseza e o temor que a todos nos relataron. Asemade cónstannos episodios de finais do século dezanove, onde os conflitos bélicos daquela España grande e chufona, pero chea de miseria e pobreza, polos últimos restos do imperio –Filipinas, Marrocos ou Cubatamén ocuparon paisanos nosos. Período este que contemplou as primeiras olas emigratorias, cara América fundamentalmente. Crónicas que pasaron de xeración en xeración. E máis para atrás, nos distintos arquivos, os estudosos da materia rememorarán as revoltas irmandiñas, as desamortizacións e falarannos da nobreza, a igrexa e a fidalguía. Pero se retrocedemos aínda máis séculos, quizais nos quedemos con que a cidade de Lugo, na época romana, era chamada Lucus Augusti e que nela construíron Achéganse as eleccións municipais e os políticos fan xogos malabares para que a xente lles de o seu voto Xavier Varela unha magnífica muralla que aínda se conserva. E anteriormente á era cristiá, os distintos poboados castrexos acreditan que existían comunidades con vida propia. Aquí na nosa bisbarra houbo asentamentos, máis ou menos numerosos, pero si existiron. Recentemente, unhas xornadas celebradas en Outeiro de Rei deron a coñecer un petroglifo ubicado no sitio denominado como Pena do Mouro, na parroquia begontina de Donalbai. Un singular taboleiro de pedra, con tres círculos concéntricos, indican que nesa zona había seres humanos; estamos a falar dunha antigüidade, segundo os expertos, entorno ós cinco mil anos. E non é casual o punto exacto onde se atopan esas inscricións, preto doutro espazo mítico da zona, Penas de Rodas, na veciña Gaioso. Se nos detemos no significado etimolóxico do topónimo Donalbai - lugar de auga abundante e presenza do brancodedúcese que estamos ante un espazo considerado sagrado. De todo elo, podemos concluír que hai máis de cincuenta séculos aqueles homes e mulleres, poboadores das terras nas que hoxe vivimos, xa practicaban rituais e cultos cargados de transcendental simboloxía. Sen dúbida, estamos ante un peculiar descubrimento que merece toda a consideración, pero como moitas outras riquezas que posuímos, agachada e esquecida. Neste caso, unha mesta maleza ensombrece e dificulta a súa observación. Por iso cómpre por en valor todo o noso patrimonio, desde a beleza paisaxística ata a rica gastronomía, as tradicionais feiras e romarías de carácter relixioso, edificios singulares, igrexas, cruceiros.Toda unha serie de tesouros que nos pertencen e que deberíamos aproveitar. E somos posuidores dun legado histórico que, no caso do achado de Donalbai, supera os cinco milenios. É unha obriga moral revalorizar todo iso. Os beneficios non se farían agardar. Cuestión de tempo. Incidiría na economía local e serviría de acicate para os emprendedores da zona indagasen o que podería ser un importante xacemento de emprego que aínda non está plenamente explotado. Iso si, a implicación das distintas administracións semella decisiva, sobre todo a municipal, para que culmine en éxito. Non podemos permitirnos desperdiciar unha fortuna que a natureza e os antepasados nos legaron. Sería outro fracaso máis. 4 sociedade abril 11 Trinta estudantes franceses viñeron dende Troyes a visitar Vilalba dentro dun intercambio cultural co IES Basanta Silva Os 55 alumnos da Uned Sénior visitaron este mes de abril o Centro Superior de Hostalaría en Santiago. Coñeceron o seu funcionamento e recibiron un libro de receitas que sumarán á súa recopilación O 8 de abril os alumnos de 2º ciclo de Primaria visitaron o Parque Experimental de Sotavento, en Xermade, onde realizaron actividades guiadas polos monitores relacionadas coa enerxía renovable colaboracións abril 11 Os hábitats máis valiosos, ao capricho das eólicas coa connivencia da Xunta Ecoloxía, por ADEGA A deconstrución do noso patrimonio natural reactívase cos primeiros proxectos derivados do concurso eólico do PP. Nas últimas semanas, unha enxurrada de parques eólicos están a “coller sitio” sobre espazos de alto valor natural, antes de que Europa obrigue á Xunta a ampliar por decreto urxente a cativa Rede Natura galega. Tal é o caso dos tres proxectos na área do Pindo, e do recente parque eólico do Alto da Croa, en Vimianzo e Dumbría. Estas instalacións afectan a humidais inventariados, especies a hábitats prioritarios, para os que a UE obriga a establecer medidas de epecial conservación. Se a Xunta persiste en entregar o noso patrimonio natural máis valioso aos seus amigos en troques de protexelo, Europa podería retirar subvencións ou mesmo impoñer fortes multas, que pagariamos todos. Vaites coa boa xestión e a austeridade! As obras do Parque Eólico Alto da Croa II consisten na instalación 7 aeroxeradores de 2MW de potencia unitaria, aos que hai que engadir a apertura dos viais de servizo, as zanxas para a evacuación da electricidade, gabias e instalacións complementarias. Todas estas intervencións afectarán a unha importante superficie de hábitats de interese europeo, fundamentalmente breixais secos e húmidos, así como a comunidades higroturbosas. A Comisión Europea vén de actua- lizar recentemente as súas conclusións sobre a representatividade dos hábitats e especies recollidos na Directiva 92/43/CE do Consello. Polo que atinxe a Galicia, o propio comisario Potocnik en resposta a unha pregunta do grupo Verdes-ALE sobre o estado da Rede Natura galega, a inexistenza de planos de conservación e a escasa representatividade de determinados hábitats, afirmaba: “No referente a España, as conclusións indican que os tipos de hábitat de interese comunitario «Turbeira alta activa» e «Turbeiras de transición e flotantes» non están suficientemente representados na rexión de Galicia”. A maiores, o comisario engadía: “a Comisión xa comunicou a España estas conclusións e a necesidade de designar novos lugares de importancia comunitaria para correxir a deficiencia detectada e completar a Rede Natura 2000”. ADEGA entende que a Xunta en aplicación do principio de subsidiariedade e en uso das competencias que lle son propias debería atender os requerimentos da Comisión Europea e propoñer ao estado a ampliación da actual Rede Natura 2000, cando menos para dar cumprimento ás eivas detectadas pola CE no tocante á escasa representatividade de determinados hábitats, particularmente as turbeiras. E dado que as instalacións e obras propostas afectan a este tipo de hábitats húmidos, así como a outros (brei- xais atlánticos húmidos, cuxa conservación é prioritaria, non deberían autorizarse instalacións que comprometan a conservación destes valores naturais. A este respecto, a Xunta debería tamén, en aplicación do artigo 6.4 da Directiva 92/43/CE do Consello, elevar consulta á Comisión Europea e xustificar que proxecto resposte a “consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde”. Propoñemos tamén que a administración asigne a potencia solicitada por Gamesa para este novo parque (14MW) a outros desta empresa xa construidos, nos que mediante o repotenciamento, poidase substituir algúns dos aeroxeradores máis antigos (de 0,4, 0,6 MW) polos de 2MW, sen necesidade de ocupar máis terreo terreo e mesmo reducindo a densidade das máquinas, un factor chave na intensidade das afeccións. Cómpre sinalar que o repotenciamento supón, segundo o art. 34.1.f da Lei 8/2009 pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, un criterio de discriminación positiva para os proxectos eólicos, que tamén beneficia ás empresas mediante unha bonificación do canon (art. 16.1 e 2) polo que ADEGA entende que sendo posíbel este, e consonte tamén ao recollido no Preámbulo da lei 8/2009, debería priorizarse por parte da administración. Se a Xunta persiste en non escoitar os requerimentos da UE para ampliar a Rede Natura e desenvolver os instrumentos de xestión destes espazos, e segue permitindo a ocupación de valiosos hábitats por eólicos, canteiras, piscifatorías, etc. quedará demostrada a escandalosa connivencia dunha administración pública cos intrereses privados de promotores sen escrúpulos que só buscan o enriquecimento rápido especulando cos nosos recursos. 5 Mareanegra City Por Félix Jorquera Hai uns días inaugurábase na Coruña o que presume de ser o centro comercial máis grande do estado. Esta discutible honra foi anunciada a bombo e platillo nunha campaña de publicidade que quere facer partícipe do centro a toda Galicia, aínda que esquece o idioma galego por completo na súa estratexia de marketing. Contaron as crónicas da prensa que na primeira fin de semana de vida, tales foron as colas que non só colapsaron a entrada do centro comercial senón da cidade enteira. Galegos chegados dende as catro provincias non quixeron perder tamaño acontecemento. 180 Tendas!, non sei cantos metros... Un que xa vai tendo uns anos e non se deixa impresionar por estes mareantes números, xa sabe sen ir o que se atopa nese templo do consumo: multinacionais, grandes empresas, cadeas... ou sexa o mesmo que nun centro de Alcalá de Henares, Aveiro ou Girona. As mesmas marcas, os mesmos argumentos, anque iso si, multiplicados por cinco ou por dez. Nace este monstro coma tantas veces anunciando a creación de infinidade de postos de traballo. O que nunca se di é cantos destrúe. Un centro da ci- dade ( A Coruña ou a que sexa) abandonado a súa sorte, por non falar do comercio de barrio e das vilas. Ese comercio de proximidade morre sen cura posible nunha batalla perdida onde as armas non son iguais para todos. Onerosas axudas para as grandes superficies e atrancos, impostos e destrución de aparcamentos para o comercio de proximidade. Si, xa somos Europa. Xa gozamos dun magnífico plan de sábado: unha hora (ou máis) de coche, outra de atasco, dor de cabeza, dependentes que non se enteran de nada e carteira baleira. Eu non quero ser europeo, é máis quero ser provinciano ou de barrio ou de aldea. Gústame entrar nun comercio e que me chamen polo nome, que lle vou facer... 6 colaboracións abril 11 Fortalezas, Pazos e Casas Grandes O pazo de Vilamartín Xosé Luis Novo Cazón Contra finais do século XIV e comezos do seguinte, Xoán de Montenegro era señor da casa nativa da liñaxe dos Montenegro, sita en San Pedro de Seixas, e asemade do lugar de Vilamartín. Segundo o parecer de Crespo del Pozo, descendía directamente dos antigos condes de Montenegro. Dende esta casa, denominada acotío Pazo Vello, esparexéronse os Montenegro en distintas direccións. Na Terra Chá ergueron, entre outros, os afamados pazos e casas grandes da Caldaloba, Padronelo e Vilamartín. Fernán Sanjurjo Montenegro e Saavedra, casado con María de Andrade, en 1585 outorgou en Lugo testamento mellorando vincularmente co terzo e remanente do quinto o seu fillo primoxénito Pedro Sanjurjo Montenegro. Xa que logo, este recibiu en herdanza, entre outros moitos bens, o mencionado lugar do Pazo Vello, o couto de Cochín (San Xoán de Sistallo), coa súa xurisdición civil e criminal, e asemade o lugar de Vilamartín. A outra parte do seu patrimonio pasou ao segundoxénito, Roi Sanxurxo Montenegro, fundador do vínculo de Caldaloba e, ademais, señor dos coutos de Mato e Fraiz, e de Taboi e Támoga. María Montenegro e Taboada, filla de Pedro San- jurjo Montenegro Basanta e de Sabela Gayoso Taboada e Losada Quiroga, casou con Andrés Pardo de Aguiar. Foi deste xeito que, en diante, o apelido Pardo precedeu para sempre ao de Montenegro, desaparecendo asemade o anterior de Sanjurjo. Fillo de ambos foi o vinculeiro, Antón Pardo Montenegro, quen recibiu a herdanza da casa de Vilamartín polo testamento outorgado polo seu proxenitor en 1648. A súa vez, aquel contraeu nupcias con Sabela, da empoleirada familia dos Pita da Veiga. Se cadra, o persoeiro máis relevante do pazo de Vilamartín foi Ramón Tomé Pardo Montenegro Sanjurjo Franco e Maseda, fillo primoxénito de Xosé Xacinto Pardo Montenegro e de María Xosefa Sanjurjo e Aguiar, nado en San Adrián de Lourenzá o 29 de decembro de 1758. Daquela a súa familia xa estaba asentada en Mondoñedo, cidade na que Ramón exerceu os oficios de procurador xeral (1781), rexedor capitular (a partir de 1783) e alcalde (1792); ademais foi deputado xeral do Reino de Galicia en 1788, e, en recompensa dos seus méritos, Carlos III distinguiuno co rango de cabaleiro da Orde homónima o día 29 de decembro de 1793. Cando amencía o día 7 de agosto de 1842 naceu no pazo de Vilamartín Xulia Pardo, filla de Xosé María Pardo Montenegro, ministro togado da Audiencia Territorial da Coruña, e de Sabela María do Carme Montenegro de Yebra, natural de Begonte. Esta rexa muller, que viviu a maior parte da súa vida en Mondoñedo, fundou naquela cidade o colexio da Sagrada Familia para acoller nel nenas pobres mindonienses e tamén outras dos seus caseiros, así mesmo pobres ou orfas. Do noutrora fachendoso pazo de Vilamartín, que en 1990 era propiedade de Ramón Sanjurjo, unicamente se conservan as ruínas da súa fábrica. Foi ergueito na época do Bárroco. Dos restos conservados pode deducirse que era de planta rectangular, dous andares, cuberta de lousa ás catro augas e escudo co M coroado dos Montenegro encol da porta principal de entrada ao mesmo. Completaban as instalacións deste pazo: unha horta amurallada á que se accedía por un portalón monumental, no que campa outro escudo semellante ao anterior; unha fonte emprazada tras da casa, que así mesmo posuíu un terceiro escudo, hoxe en paradoiro descoñecido; e o pombal, do que, na actualidade, unicamente persisten as súas ruínas. O patrimonio material da casa de Vilamartín era certamente moi cuantioso, segundo se pode apreciar polos libros reais de leigos do Catastro do Marqués de la Ensenada, correspondentes a distintas parroquias da actual provincia de Lugo. Mais, talvez, tivo unha importancia similar o inmaterial, do que formaban parte, entre outras prerrogativas, o dereito de padroado de varias igrexas e capelas da bisbarra e as sepulturas escolleitas no interior dos templos parroquiais de San Xurxo de Rioaveso e de Santa María de Vilalba. O xa mencionado Fernán Sanjurjo Montenegro na segunda metade do século XVI fundou a capela de Santa Ana, emprazada nun edificio anexo á antiga igrexa parroquial de Vilalba. A casa de Vilamartín era tamén a titular da capela de Santa María a Nova, sita nunha das partes colaterais da ermida de San Xoán do Campo. Destas dúas capelas case sempre foi capelán un segundoxénito deste pazo da antiga freguesía de S. Georgius de Rivuloverso. A respecto dos enterramentos, no interior da igrexa parroquial de San Xurxo de Rioaveso atópase unha laude na que aínda é posible observar o brasón da liñaxe dos Montenegro e a lenda seguinte: “Ano de 1615 / esta sepvltvra es per/teneciente / a la casa de Villamartin”. Doutra banda, nun arcosolio practicado nun dos laterais da desaparecida igrexa de Santa María de Vilalba existiu un monumento funerario, no que foi enterrado un membro da afamada casa rivuloversana. Estaba formado por un sartego con senllos escudos, nos que estaban labradas as armas dos Montenegro (o M coroado), nun deles, e as dos Andrade (a banda engulida polos dragóns), no outro; e por un cabaleiro armado e xacente, que apoiaba os seus pés nun lebreiro, símbolo da fidelidade, tan desexada e tan pouco practicada ao longo da historia. actualidade abril 11 novas da chaira 7 vilalba A Feira do Queixo de San Simón Unha campaña impulsa da Costa tivo como protagonista o comercio local vilalbés co sorteo de 3.000 euros o turismo gastronómico A produción de queixo con Denominación de Orixe San Simón da Costa medrou na última década un 70%, pasando de 138 toneladas no ano 2000 a 451 no 2010. Así o salientou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, no pregón da XVII Festa do Queixo de San Simón da Costa, na localidade luguesa de Vilalba. Juárez lembrou que na actualidade son 11 as queixerías que producen este queixo, a partir do leite que facilitan 168 gandeiros da comarca da Terra Chá, xerando un valor estimado, segundo os datos máis recentes de 3,4 millóns de euros. Ademais de destacar as bondades do produto Juárez falou das orixes deste queixo que se remontan, segundo a lenda, á época castrexa e da súa evolución histórica, desde a súa valoración polo Imperio Romano ata a aprobación, en 1999, da actual Denominación de Orixe. O conselleiro do Medio Rural vinculou esta “excelencia” do San Simón da Costa ao seu “berce natural” e a factores coma a súa orografía, clima e aos “sistemas de produción e alimentación do gando, que proporcionan ao leite unha mellora na súa calidade nutritiva”. Mencionou tamén, como outra das claves da súa singularidade, o afumado con madeira de bidueiro, que –dixo– “lle proporciona unha cor e un aroma absolutamente inconfundibles”. Juárez insistiu na importancia das denominacións de orixe para a protección e recoñecemento da produción agrogandeira galega. A carpa informativa estivo situada na Praza da Constitución Acordo gastronómico con Murcia O O Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá, os nove alcaldes chairegos, a fundación Arte e Gastronomía, La GastroRed e a empresa Funcióndeuno asinaron un acordo de colaboración para difundir as potencialidades do patrimonio gastronómico da comarca. Fixérono aproveitando a celebración da Festa do Queixo de San Simón e aproveitando a chegada de recoñecidos xornalistas e blogueiros tanto de Galicia como do resto do territorio español. Queren sumarse ao tirón que está tendo o turismo gastronómico para difundir as posibilidades tu- rísticas e os espazos naturais da comarca entre os asistentes ao I encontro gastronómico. Produtos murcianos e galegos As verduras e o pan artesán da horta de Murcia chegaron a Vilalba para participar na Festa do Queixo. A Asociación de Produtores-Exportadores de Froitas e Hortalizas da Rexión de Murcia estivo presente no Maridaxe Galego Murciano, onde os cociñeiros Benigno Campos e Tomás Alonso, así como Javier Prieto do restaurante Curmáns, presentaron distintas receitas onde os ingredientes foron o queixo de San Simón e os produtos da Rexión de Murcia. Os visitantes á feira puideron degustar os menús elaborados na cociña instalada na Praza da Constitución de Vilalba. Esta iniciativa xurdiu da colaboración da empresa Funcióndeuno, organizadora do evento, cos responsables de La Gatrored, a primeira rede social para profesionais da gastronomía e da restauración. Agárdase que o Queixo de San Simón poda viaxar a Murcia dentro deste proxecto de irmanamento, do que os responsables auguran continuidade. A Polifónica de Vilalba inaugura o Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña O encontro forma parte da programación de Semana Santa da cidade e nel participan cinco corais. A coral de Vilalba foi este ano a única que viña de fóra da provincia coruñesa. O concerto celebrouse na Colexiata de Santa María do Campo e a programación xirou exclusivamente arredor da música sacra. A Polifónica interpretou doce pezas de autores tan recoñecidos como Haendel, Palestrina, Tomás Luis de Victoria, Bach e Beethoven, entre outros. A agrupación vilalbesa durante o concerto na cidade da Coruña A Polifónica Vilalbesa inaugurou o día 16 de abril a vixésimo segunda edición do Encontro de Música Relixiosa Cidade da Co- ruña que organizan durante a Semana Santa varias corais coruñesas en colaboración co concello herculino. Próximos concertos Durante a Semana Santa a Polifónica Vilalbesa participará nos oficios do Venres Santo. O concerto será ás 17 horas, na Igrexa de Santa María da capital chairega. Posteriormente, o día 1 de maio a agrupación vilalbesa actuará nun festival de canto coral no concello de Cambados. Durante once xornadas (dende o día 5 e ata o 16 de abril) a Federación Galega de Comercio impulsou unha campaña para promocionar os comercios locais. A campaña “As compras na túa vila teñen premio” buscou a difusión entre os veciños e veciñas dos comercios tradicionais e da súa importancia no desenvolvemento da vila. A Federación Galega de Comercio organiza en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, Novacaixagalicia e a Dirección Xeral de Comercio, esta nova edición da campaña de dinamización do consumo no comercio minorista das vilas galegas. Os consumidores entregaron os seus tickets das compras que fixeron en comercios tradicionais de Vilalba e recibiron un boleto para participar no sorteo de 3.000 euros, repartidos en vales para gastar nos comercios vilalbeses. O sábado día 16 de abril ccelebrouse a festa de final da campaña na Praza da Constitución. Os zancudos, os malabaristas e os pasarrúas foron os protagonistas. Houbo tamén un espectáculo de paiasos infantís , un espectáculo de maxia cómica Rey Midas e unha actuación musical coa cantante Mariana. Durante o serán celebrouse o sorteo e a entrega de premios entre os consumidores que participaron nesta campaña. Reparíronse 24 premios por valor de 100 euros para gastar en comercios locais e 2 premios de 300 euros. Ramón Chao conta a súa traxectoria vital e profesional en Vilalba O xornalista e escritor Ramón Chao estivo durante o mes de abril en Vilalba para achegarnos parte da súa vida e da súa traxectoria. De Vilalba a París: unha traxectoria vital é o título da conferencia que ofreceu na capi- tal chairega. Contou ante os asistentes os seus comezos en Vilalba, onde naceu no ano 1935, pasando por Madrid e ata chegar a París. Alí traballou como xornalista en Radio France e dirixiu emisións radiofónicas en galego. Destacou tamén como crítico en Le Monde e Le Monde Diplomatique. O xornalista vilalbés Moncho Paz foi o encargado de presentar a Ramón Chao. Precisamente o seu entrevistado no traballo Entrei en Radio France porque falaba galego. Unha entrevista recentemente galardoada co Premio de Xornalismo Johán Carballeira, realizada o ano pasado en París. 8 actualidade abril 11 vilalba Os socialistas de Presentan en Santaballa un documental sobre a emigración Vilalba reúnense coas Ote“O Legado Migratorio Santaballés” conta con 75 veciños da parroquia vilalbesa como protagonistas da rodaxe que recrea a traxectoria da escola habaneira creada polos antepasados desta localidade que estiveron en Cuba O documental amosa a historia da emigración na zona e recrea a traxectoria da escola habaneira desta localidade vilalbesa, inaugurada en 1916 e que, durante medio século, facilitou a escolarización de centos de nenos desta parroquia. Na actualidade, segue prestando servizo para fins sociais aos veci- ños da parroquia. A gravación levouse a cabo no mes de decembro en localizacións como a escola, os seus exteriores ou unha casa de lugar que regresou por unhas horas aos anos 20. Dezaoito 18 secuencias, escritas por Daniel Vázquez Vila e dirixidas por el mesmo xunto a Jaime Pardo. Os fillos, netos, primos ou sobriños dos fundadores da asociación santaballesa, creada en Cuba polos emigrantes desta localidade, foron os encargados poñerlle cara aos seus antepasados, recreando a figuras como o mestre, o cura, o presidente da liga, os alumnos, o emigrante e a toda a súa familia. O documental repasa cuestións como a chegada da máquina de coser ou da máquina de escribir á zona rural. O audiovisual tamén recolle o espírito das vellas películas mudas, polo que se fixo en branco e nego, sen diálogos e con ambientación musical. O concello aproba un presuposto “austero” de 10,4 millóns de euros, malia a oposición de BNG e PSOE A corporación municipal de Vilalba aprobou finalmente a finais do mes de marzo un presuposto de 10,4 millóns de euros para o 2011. Unhas contas municipais rexeitadas tanto por PSOE como BNG e que saíron adiante cos votos do PP. Os populares defenden unhas contas “adecuadas ás necesidades do concello”. Tanto socialistas como nacionalistas criticaron o caso “sangrante” do persoal do servizo de recadación, que cobra ao ano 90.000 euros. Dende os grupos da oposición aseguran non entender a “política persoal municipal”. O portavoz do equipo de goberno, Agustín Baamonde, amosou o seu descontento ante o debate xerado pola oposición arredor dos presupostos. “A falta de maiores críticas políticas, teño a sensación de que son uns bos presupostos”, explicou. Baamonde destacou que o capítulo de ingresos supón “unha previsión realista” de cara a controlar a débeda municipal. Servizos sociais Unha das partidas que aumenta son os servizos sociais e, en par- ticular a partida de axuda a domicilio, para a que se destinarán 200.000 euros máis. O alcalde de Vilalba sinalou que malia que o presuposto se mantén en cifras do 2010, aumentouse en 200.000 euros a partida destinada a asistencia a persoas dependentes, chegando ao millón de euros. Gerardo Criado destacou tamén a redución do 3% nos gastos de persoal, así como o mantemento dos impostos municipais. Explicou ademais que se conseguiu amortizar a débeda do concello en 570.000 euros e que no 2011 non se pedirá ningún crédito. A Xunta inicia o procedemento de adxudicación das 29 vivendas protexidas O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou o procedemento para a adxudicación das 71 vivendas protexidas de promoción privada construídas nos concellos de Monforte, Vilalba, Chantada, Lugo e Sarria, segundo o establecido na normativa do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia. Poden optar á adxudicación de ditas vivendas os solicitantes que estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes na data do 28 de marzo do 2011, en que a Delegación Territorial da Xunta ditou as resolucións de inicio do procedemento de adxudicación das devanditas vivendas. Os solicitantes deberán estar inscritos no réxime, modalidade e localidade da promoción á que se opte e deberán presentar nun prazo de quince días hábiles a solicitude para a participación no sorteo das vivendas. Ditas solicitudes para participar no sorteo deberán presentarse en calquera rexistro público ou portelo único, dirixidas á xefatura provincial do IGVS na Coruña, empregando o modelo de solicitude que se pode atopar na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo. 71 vivendas na provincia No concello de Vilalba son 29 as vivendas, emprazadas na rúa Conde de Pallares e os prezos de venda oscilan entre 69.723,87 e 130.946,02 euros. En Monforte de Lemos adxudicaranse 31 vivendas na rúa Malvarrón con prezos de venda que oscilan entre os 86.122,96 e os 125.078,55 euros. En Chantada adxudicáranse sete vivendas situadas na rúa Barxela, 10 cun prezo de 78.131 euros. No concello de Lugo adxudicarase unha vivenda na rúa Aceroleiro, 8 e en Sarria dúas nas rúas Juan Montes 1517 e Prolongación Escolar. asociacións culturais e deportivas O comité electoral socialista de Vilalba mantivo unha xuntanza coas asociacións culturais e deportivas da vila. Continúa así coas reunións para intercambiar impresións cos distintos colectivos deste concello. O candidato socialista ofreceu aos veciños unha programación cultural estable e con actividades que interrelacionen ás distintas entidades asociativas, dende a mocidade ata a terceira idade. Entre os seus compromisos está tamén o de actualizar o rexistro vilalbés de asociacións, realizar encontros asociativos, o ordenamento regrado para a concesión de axudas, modificar o ordenamento municipal para o uso das instalacións e dotar das infraestruturas oportunas para que as asociacións teñan un lugar de administración e xestión propio, baixo o nome de Casa das asociacións, así como a información online para que a sociedade coñeza en tempo real as posibilidades de uso dos centros municipais públicos. Por outra banda, trataron tamén a planificación e definición das necesidades para a práctica do deporte, en colaboración coas entidades deportivas, tanto sen ánimo de lucro como privadas. Os socialistas acordaron promocionar o deporte minoritario e o deporte feminino, mellorar as instalacións actuais, garantir mediante procesos administrativos regrados o cobro das axudas que se concedan, apoiar individualmente aqueles deportistas que sobresaen nas súas disciplinas, promover a aparición de novos clubs que faciliten a incorporación de rapaces e rapazas á práctica deportiva, promover a existencia de lugares para favorecer a práctica de actividade física, e recuperar a actividade de tiro ao prato. O PP presenta oito caras novas na lista de Vilalba Baamonde e Criado na presentación da candidatura aos medios “O progreso, a renovación, a experiencia e o reformismo”. Con estas palabras definiu o actual alcalde de Vilalba as “directrices” que marcan a sinal de identidade do Partido Popular. Son 17 as persoas que integran a lista da candidatura do PP ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Entre elas están oito caras novas “cun perfil maioritario de xente nova e de xente preparada e traballadora”, explica Gerardo Criado. Entre os nomes novos están o enfermeiro Julio Vázquez, de 27 anos, que ocupa o número dous da lista e Cruz Rouco, no número catro, técnica superior en Administración e Márketing, de 31 anos. Xunto a eles a número oito, Engracia Castro, licenciada en Ciencias Empresariais, de 28 anos; María Cruz Vázquez, secretaria ac- tual do PP en Vilalba, no número 10; Óscar Monteira, industrial e empresario de Santaballa; Xosé Vázquez, gandeiro; Celia Gómez, dona dunha perruquería en Vilalba; e Javier Paz, actual presidente da Asociación de Veciños de Román. Repiten na lista José María García, actual Concelleiro de Cultura; Consuelo Grandío, Concelleira de Festas; Jesús Bermúdez, Iván Fernández, Agustín Baamonde, María Ramudo, de Novas Xerácións, Catalina Pita e Vicente García. Para a formación da lista seguíronse os “criterios que marca a esencia do Partido Popular”, asegurou Gerardo Criado. “Buscouse unha representación o máis homoxénea posible” entre a xente que vive no casco urbano e a que vive no rural. 8 actualidade abril 11 Gerardo Criado, candidato á reelección á alcaldía de Vilalba polo PP “Os esforzos do PP na nova lexislatura irán encamiñados á creación de emprego” Veterinario de profesión, Gerardo Criado, amósase convencido da súa continuación como alcalde de Vilalba. Relevou a Agustín Baamonde na alcaldía hai 6 anos e agora encabeza a lista do Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais. - A un mes das eleccións, cales son as expectativas do Partido Popular en Vilalba? - As expectativas son optimistas partindo dunha realidade. Pretendemos acadar a maioría absoluta e seguir contando coa confianza da maioría dos veciños e das veciñas de Vilalba e a partir de aí e dado o momento de crise económica que se vive en gran parte polo deterioro do Partido Socialista a nivel estatal e tamén polo desprestixio que a oposición socialista ten como oposición na Xunta de Galicia dende que o presidente Núñez Feijóo é presidente da Xunta. Se a isto lle engadimos a clara división interna que hai no Partido Socialista a nivel local. Partindo do realismo temos un gran optimismo non só por acadar a maioría absoluta senón ampliala. A pouco das eleccións o deterioro da política da oposición en Vilalba é un hándicap importante para eles e seguramente se reflicta nas urnas cun aumento dos concelleiros do Partido Popular. -Despois de seis anos no goberno municipal, cal é o balance? - Nos últimos catro anos destacaría que as inversións foron importantes. Aproximadamente uns 25 millóns de euros de inversión nos últimos anos, na que se notou o cambio de goberno na Xunta. Desa inversión pública acometida en Vilalba fíxose nos últimos dous anos. Ao principio da lexislatura percibiamos o mal goberno do bipartito dende Santiago. Citaríache dende os 900.000 euros da gardería municipal -que se vai a contratar neste mes de abril-; a transferencia das travesías (Ferrol, Lugo e Meira) que estivera paralizada, se acometerá inmediatamente a obra por valor de 2,5 millóns de euros; se lle sumas a inversión da Xunta na vía Vilalba-Meira de 3,4 millóns de euros na súa reforma; seguimos coa adxudicación da mellora da vía Vilalba-Rábade que son outros 3,4 millóns de euros; sumamos tamén o máis de 1 millón de euros da Consellería de Medio Rural para a mellora da rede viaria municipal nas distintas parroquias; un obradoiro de emprego que nos valeu para recuperar varias escolas do rural con 900.000 euros; outro millón de euros para a mellora do abastecemento da auga; 300.000 euros para o apardoiro público; e todo iso sen incluír moitas melloras que se fixeron a través do Plan E: 4,3 millóns de euros. Pero eu non quero politizar o asunto: o Plan E é débeda pública, non son feitos con impostos estatais como as obras que acabo de nomear. - Que temas quedan pendentes? - Unha vez que se abriu a autovía Vilalba-Ferrol, e a Transcantábrica vaia abrindo tramos, poñen a Vilalba nun centro neurálxico co cruce de dúas autovías. Non hai moitas poboacións en Galicia que coincidan no cruce de dúas autovías, co que supón iso para o futuro empresarial, industrial e comercial da nosa vila e, polo tanto, para a creación de emprego. Os esforzos do Partido Popular nesta lexislatura nova van a seguir incrementando as liñas de traballo para o asentamento de empresas na ampliación do polígono industrial. Xa se fixeron xestión para xestionar outros 400.000 metros cadrados con Xestur. Seguiremos rematando o abastecemento da auga e melloraremos a reforma integral da Praza de Abastos. Impulsaremos medidas para dinamizar o comercio na nosa vila como as reformas do casco histórico, para o asentamento comercial e a mellora da zona. Xa se compraron Gerardo Criado destaca a xuventude e a renovación da lista do PP para as eleccións municipais acometendo obras, sobre todo no rural. - Neste tempo de crise aos veciños interésalles os servizos sociais, como é a súa política neste eido? - Aprobamos no último pleno celebrado en marzo os presupostos, que é onde se amosa o compromiso, un incremento de máis de 200.000 euros no apartado de servizos sociais e xa estamos falando de 1,2 millóns de euros de aportación nos nosos presupostos a través do Plan de Cooperación coa Xunta de Galicia. “Pretendemos acadar a maioría absoluta e seguir contando coa confianza da maioría dos veciños e das veciñas de Vilalba” “A inversión nos últimos catro anos foi de 25 millóns de euros” “Vilalba será un centro neurálxico co cruce de dúas autovías (FerrolVilalba e a Transcantábrica)” unha serie de vivendas e pretendemos rehabilitalas no casco histórico. Seguiremos tamén mellorando as escolas de todas as parroquias, xa se fixeron moitas. Solicitaremos outro obradoiro de emprego, unha ferramenta fundamental para os desempregados e para seguir Destacamos que somos o concello da nosa ratio (con 16.000 habitantes) que mellor e máis dotación económica ten en todo o relacionado cos servizos sociais. Cun presuposto que conseguimos manter nos números do ano pasado a base aforrar nos gastos correntes e no gasto de persoal, deunos marxe para in- crementar esa partida; estamos a falar dun 20% de incremento que nestes tempos económicos é moi significativo. - A perda de habitantes está a ser un problema para Vilalba? - Eses datos non son fiables. A xente confunde o padrón co censo e hai unha segunda cuestión que distorsiona os datos: este ano nos censos borráronse os inmigrantes. Nese sentido teño que dicir que Vilalba non perdeu poboación, ao revés, vaina incrementando. O que se está a notar nos últimos anos é o incrementos de poboación no núcleo urbano en detrimento do medio rural. - Na lista do PP aparecen novas caras, cal é o obxectivo? - Cada vez que nos presentamos a unha eleccións a renovación a marca un 40 ou 50%. O Partido Popular é o partido que máis se parece a Galicia e que máis se parece a Vilalba. A renovación haina que facer con novas caras dentro do noso partido coa súa liña programática, sempre é o reformismo e o progresismo, de tal maneira que é a xente nova quen aporta esas cuestións. É significativa este ano non só a renovación cuantitativa, senón a idade da persoas que se incorporan, moitas delas de 27 a 31 anos, o que demostra unha aposta clara pola xuventude, con xente que aporta dende o seu sector, a súa preparación, o seu traballo. Demostra que a xente nova tamén se acerca e se compromete coa nosa liña de traballo. - Cal é a súa opinión sobre os outros candidatos que se pre- sentan á alcaldía? - O BNG fixo un cambio na cabeza de lista, importante, pero non podo opinar porque non coñezo a lista completa. No Partido Socialista están inmersos nunha división interna importante e os que van nesta candidatura viñeron doutro partido, do BNG, e fixéronse co control. Baixo o meu punto de vista o Partido Socialista non ten unha base sólida. - Cales son os retos a curto prazo? - Os traballos da corporación nova van ir enfocados á creación de emprego e todo o que está relacionado. Para crear emprego temos que ter boas infraestruturas. Estamos en boa situación pola chegada das dúas autovías que nos poñen nun mapa importante. Facilitaremos a creación de solo, xa estamos nesa labor, que é continua, para que as empresas se asenten en Vilalba. Xa se asentaron empresas importantes como Entrepinares e Lactalis, que ten previsto incrementar as súas instalacións. Nesa liña seguiremos porque así o marca a situación económica na que vivimos. Queremos que Vilalba destaque non como unha capital, que a é natural dunha comarca como a Terra Chá, senón que coa chegada desas infraestruturas, temos que poñer a Vilalba como unha capital do norte de Galicia. Pasar de ser unha vila a unha capital e detrás diso está o feito de seguir incrementando os servizos ou mellorando os que temos, tanto a nivel deportivo, como cultural, como a nivel social e dotacional. 10 actualidade abril 11 guitiriz Labrada celebra con éxito de visitantes Veciños de Guitiriz a Feira da Verza e do Lacón Cocido viaxan pola provincia O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi o pregoeiro da Feira da Verza e do Lacón Cocido que a parroquia guitiricense de Labrada celebra cun gran éxito de participación dende que arrancou no ano 2008. Besteiro destacou na súa intervención ante os numerosos asistentes o carácter único desta cita en Galicia e practicamente en España. Besteiro deu os seus parabéns aos veciños por poñer en marcha a iniciativa, na que tamén lles recoñeceu un destacado papel como “padriños” á alcaldesa, Regina Polín, “a quen sei que lle roldaba a idea pola cabeza dende o 2003”, e ao párroco, Luis Ángel Rodríguez Patiño, quen, “dinamizando o movemento asociativo”, creou o caldo de cultivo propicio para que arrancase a festa. Gómez Besteiro animou ós veciños de Labrada a seguir cultivando e promocionando a verza, un produto “que foi imprescindi- ble na dieta dos galegos dende sempre”, ten un gran potencial culinario, “do que a cociña de vangarda se está dando conta”, e ademais a súa variedade rizada, a propia de Guitiriz, “é máis branda e suave, sabe mellor”. Animou ademais aos produtores a ter en conta a vía de comercialización que supón a marca Lugo Sabe creada pola Deputación e estudar a posibilidade de acollerse a ela. Recordou que os 150 primeiros produtos elaborados baixo este distintivo de calidade están á venda nos supermercados Cemar e en catro estacións de servizo da A-6, precisamente en Guitiriz e O Corgo. A unión veciñal que fomenta a Feira da Verza foi outros dos elementos que gabou Besteiro, xa que mobiliza aos 320 veciños desta parroquia e atrae a ducias de persoas de localidades dos arredores. Convértese deste xeito ademais “nun reclamo para que as xentes doutros lugares se ani- men a coñecer o fermoso que é Guitiriz en xeral e Labrada en particular”, parroquia na que, apuntou o presidente, se encontran “dous dos tesouros do patrimonio cultural do municipio: a igrexa de Santa María e o conxunto monástico da Granxa, e que destaca por ser o núcleo con máis cruceiros do concello e albergar canteiras de granito silvestre, un dos poucos lugares de Galicia nos que existe”. Trala lectura do pregón, comezou a sesión vermú a cargo da orquestra Súper Fama e tivo lugar unha comida campestre a base de caldo de verza e cocido. Pola tarde entregáronse os premios ás mellores cestas adornadas con verzas e produtos da matanza, houbo un concurso de baile, organizado coa colaboración do Club de Pensionistas de Guitiriz, e unha churrascada para cear. Ao longo de toda a xornada os visitantes puideron visitar unha exposición de maquinaria. A Deputación firma dous convenios por valor de 60.000 euros con colectivos de Guitiriz A Deputación concede á comunidade de propietarios do Campo da Feira de Parga unha axuda de 30.000 euros para rehabilitar os alpendres que, cada quince días, acollen a popular feira da zona. É un dun dos mercados más importantes que comezou a funcionar no barrio da Puebla e en 1875 levouse a zona actual debido a gran afluencia de visitantes. Os alpendres foron construídos hai máis de 100 anos e son os lugares de exposición de produtos autóctonos así como de aparellos de labranza e maquinaria agrícola. Os veciños da zona solicitaron este ano a colaboración da deputación para o seu arranxo ao considerar que contribúe á continuidade da celebración da feira na zona, fa- vorecendo o desenvolvemento económico de Guitiriz e a conservación do seu patrimonio. Polígono de Pardiñas O polígono de Pardiñas acollerá ademais un centro loxístico de transportes. O acordo establece unha axuda de 30.000 euros á Asociación de Empresarios do Polígono Empresarial de Guitiriz. Segundo as previsións dos empresarios, o centro loxístico de transportes estará en marcha no mes de abril, feito que obriga a adiantar a consecución da súa sede. O centro é unha iniciativa pioneira en Galicia, promovida pola Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (ASCEN- TRA). Segundo recolle o seu informe técnico, este proxecto suporá a creación de 10 postos de traballo de forma directa e o mantemento dos 883 empregos cos que conta na actualidade a entidade promotora, formada por varias cooperativas. O centro loxístico de transportes supón unha inversión de 1 millón de euros destinados a avalar ante as petroleiras as compras de combustible durante o primeiro medio ano de funcionamento. O obxectivo é que, tras ese período de seis meses, o centro se autofinancie cos recursos que xere. A previsión de ASCENTRA é que o servizo acumule un beneficio de 1,7 millóns de euros nos primeiros 5 anos de funcionamento. O concello asina un convenio por 25.000 euros O presidente da Deputación cos veciños da zona A Deputación achega esta cantidade para mellorar o contorno da igrexa e do cemiterio de San Pedro de Buriz, así como o camiño á capela de San Nicolás. Os 25.000 euros servirán para obras de mellora no contorno da igrexa e o cemiterio desta parroquia. Son uns traballos demandados polos máis de 400 habitantes desta localidade, que buscan potenciar o turismo e a mellora da economía da zona. Gómez Besteiro destacou que “a prioridade da institución lucense é a máxima cooperación cos concellos”. co programa Km0 Regina Polín cos alumnos do CEIP de Lagostelle Preto de 310 veciños dos concellos de Guitiriz, Lugo, Guntín, Castro de Rei, Palas de Rei e Riotorto participaron durante o mes de abril nas rutas do programa Km0 da Deputación de Lugo, coas que coñeceron e descubriron A Mariña, Ribeira Sacra, Terra Chá e A Montaña. As rutas programadas discorreron polos municipios de Ribadeo e Sober e foron demandadas polo CEIP de Lagostelle, de Guitiriz, e pola Asociación de Veciños As Gándaras, Albeiros e Ponte Romano, respectivamente. A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu aos dous colectivos no salón de actos do Pazo de San Marcos. En Ribadeo visitaron o Centro de Cultivos Mariños, deron un paseo en barco pola ría, subiron ao ascensor panorámico do porto deportivo de Porcillán e percorreron o casco histórico e o convento das Clarisas. O PP renova a súa candidatura en Guitiriz co empresario Xosé María Teixido á cabeza O organismo provincial está en condXosé Manuel Barreiro e Samuel Juárez, presidente dos populares en Lugo e Conselleiro de Medio Rural, arrouparon a candidatura do Partido Popular en Guitiriz. O cabeza de lista amosouse convencido do “cambio” no concello para conseguir “un novo Guitiriz”. “Pode que a Deputación de Lugo vaia a construír aquí un edificio para albergar unha mini residencia da terceira idade, pero será un alcalde do Partido Popular o que posibilite e garanta que esa residencia poida funcionar”, así o asegurou o presidente provincial dos populares Xosé Manuel Barreiro durante a presentación da candidatura. Barreiro explicou que o goberno bipartito da Deputación, “do que forma parte Regina Polín” pretende facer coa residencias “que vai prometendo ó longo en ancho da provincia” o mesmo que fixo o bipartito na Xunta co hospital de Lugo: “deixará edificios baleiros para que sexan outros os que os enchan”. “Nin o concello de Guitiriz nin a Deputación se preocuparon de coordinarse nin buscar a colaboración da Xunta neste asunto en aras de asegurar a maior eficiencia dos recursos públicos e, sobre todo, de garantir o seu mantemento e funcionamento futuro; de explicar, en definitiva, cal vai ser o modelo de xestión que se vai aplicar”, explicou Barreiro. “É dicir, seguiron ó pe da letra a filosofía socialista: imos improvisar a ver si soa a frauta e os que veñan detrás que resolvan o problema”, criticou. Completan a lista do PP María Manuela Carballeira, Ana Broz, Jesús Tomé Ferreiro, Roberto Pereira, José Luis Serén, María de los Ángeles Río, Patricia Paredes, Daniel Otero, Catarina Blanco, Ana María Roca, Manuel Ferreiro e Jesús Iglesias. actualidade abril 11 11 outeiro de rei O parque de Marcelle reúne aos Begonte, Rábade e premiados no concurso escolar Outeiro de Rei acollen un taller sobre as árbores e os bosques sobre a infancia e a adolescencia Gómez Besteiro cos participantes nas xornadas no parque de Marcelle A Deputación de Lugo e Correos entregaron os premios do concurso escolar de cartas sobre os bosques nunha xornada lúdica na que participaron 400 persoas. Os gañadores do concurso escolar de cartas “Imaxina que es unha árbore nun bosque”, convocado con motivo do Ano Internacional dos Bosques, recibiron os seus premios nunha xornada lúdica no parque Marcelle Natureza, en Outeiro de Rei, a comezos do mes de abril. As actividades comezaron con percorridos polo parque de Marcelle e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, onde está enclavado o recinto. O certame convócase para sensibilizar aos rapaces sobre a importancia do medio ambiente e o seu coidado, celebrar que este 2011 é o Ano Internacional dos Bosques e poñer en valor as reservas da biosfera de Lugo. Os estudantes tiñan que imaxinarse que eran unha árbore nun bosque e escribir unha carta a alguén explicándolle o importante que é coidar deles. abadín Abren ao tráfico cinco quilómetros da A-8 entre Abadín e Careira O Ministerio de Fomento puxo en servizo cinco quilómetros da Autovía do Cantábrico ao seu paso por Abadín, poñendo fin aos problemas de seguridade viaria nesta localidade chairega. Un traxecto polo que chegaban a pasar oito mil vehículos cada día. A Autovía do Cantábrico ten xa 58,4 quilómetros en servizo. O tramo Touzas-Vilalba será o seguinte en abrir e farao previsiblemente antes do verán. Para finais deste 2011 abrirase LourenzáMondoñedo, quedando en funcionamento 71 quilómetros. O Ministerio de Fomento investiu na construción da A-8 en Galicia 484 millóns de euros. Coa construción da Autovía A-8 do Cantábrico preténdese canalizar o importante tráfico de longo e medio recorrido que discorre polo norte peninsular, dende Galicia ata o País Vasco, abrendo unha nova vía para as comunicacións. Trátase dunha infraestrutura clave para a conexión de Galicia coas redes transeuropeas de transporte e a cornisa cantábrica, discorrendo o itinerario galego na súa totalidade a través da provincia de Lugo, entre as localidades de Ribadeo e Baamonde. Viaductos e pasos superiores Este tramo da A-8 inclúe dous novos viaductos para salvar dúas vaguadas existentes: o viaducto de Fontepresa, de 615 metros de lonxitude, sobre a vaguada do Rego da Freixeira; e o viaducto de Rego da Xesta, cunha lonxitude de 160 metros. O tramo dispón ademáis de dous pasos superiores e cinco pasos inferiores para a reposición de camiños existentes, entre os que se inclúe a estrada CP-0103. Co fin de preservar o sistema hidrolóxico, leváronse a cabo obras de drenaxe transversal que conducen as aguas de escorrentía aos seus cauces naturais. As actuacións medioambientais supuxeron, segundo o Ministerio de Fomento, un presupuesto dun millón de euros. As máis destacadas corresponden a medidas de revexetación e plantacións autóctonas realizadas para a adecuada integración paisaxística das obras, así como a colocación de pantallas acústicas de protección fronte ao ruído. As obras contaron con financiación de Fondos FEDER da Unión Europea. O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade organizaron esta xornada de Prevención dende a Familia. Trátase de buscar solucións para a educación dos máis pequenos da casa e facelo intercambiando experiencias e vivencias. Dende a organización recordan que “a infancia é a etapa da vida onde máis influenza temos na educación dos nenos e a base que sustentará a súa personalidade” por iso queren explicar a importancia da educación. Engaden ademais que a xornada servirá para “aprender a resolver problemas da vida cotiá, así como a comprender os cambios que os fi- llos experimentan durante a infancia e a pre-adolescencia”. O Servizo de Prevención de Drogodependencias en colaboración cos colexios de educación infantil e primaria, así como coas súas correspondentes asociacións de nais e pais convocaron ás familias dos alumnos e alumnas co fin de buscar respostas a esta situación. As xornadas desenvolvéronse o luns día 11 no CEIP Baamonde de Begonte. O mércores día 13 celebrouse no CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei ás 16 horas e o xoves día 14 o taller tivo lugar no CEIP Otero Pedrayo de Rábade a partir das 18 horas. O concurso fotográfico Vivir é convivir achega a concellos veciños da comarca O concello de Guitiriz é un dos 89 muniO Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade convoca o I Concurso Fotográfico aberto a toda a poboación que poderá participar individual ou en grupo Un certame que busca promover o coñecemento e o achegamento dos concellos veciños. Os traballos fotográficos servirán para dar a coñecer as riquezas paisaxísticas e patrimoniais que temos máis preto. Os traballos deberán estar compostos por instantáneas de cinco parroquias diferentes de entre as 47 que suman os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade. Aquelas persoas que queiran participar e se inscriban antes do día 13 de abril poderán tomar parte nunha xornada de formación en Fotografía Dixital que se impartirá de forma gratuíta o próximo 14 de abril ás 19.30 horas. A data límite para a presentación dos traballos será o día 31 de maio. O xurado do concurso valorará os mellores tres conxuntos fotográficos que serán premiados con 200 euros o máis valorado, 150 euros para o segundo premio e 100 euros para o terceiro. Na páxina web do Servizo de Prevención de Drogodependencias pódense descargar as bases e os formularios de inscrición no concurso. 12 actualidade abril 11 cospeito Comeza a funcionar o centro A Festa da Filloa celebra de día no concello de Cospeito o 1 de maio a súa vixésima Raquel Arias xunto ao alcalde Armando Castosa durante a inauguración das instalacións O Consorcio de Servizos Sociais pon en marcha estas instalacións de apoio ás familias onde prestan atención terapéutica integral ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, percorreu xunto ao alcalde de Cospeito, Armando Castosa, as novas instalacións habilitadas para atender a 40 persoas maiores dependentes ou en risco de padecer dependencia. A través do Consorcio de Servizos Sociais a Xunta achegará un orzamento anual de máis de 431.000 euros para a xestión e mantemento do centro. A delegada territorial subliñou a aposta do goberno galego por este tipo de investimentos, “un dato comprobable dado que en dous anos de lexislatura triplicamos o número de persoas dependentes atendidas en Galicia”. Arias incidiu en que a Xunta está a facer un esforzo en materia de servizos sociais, “e incluso neste contexto restritivo de gasto, o orzamento para a dependencia incrementouse nun 3%. Deste xeito –continuou- o goberno autonómico asume xa o 70% do financia- mento”. Ao respecto, a delegada destacou a importancia de habilitar servizos sociais desta natureza en todos os concellos galegos, especialmente no medio rural, “de xeito que todos os galegos e galegas disfrutemos da posibilidade de acceder aos mesmos servizos independentemente da nosa localización no mapa”. edición en Muimenta O concello de Outeiro de Rei celebrou A XX edición da Festa de Filloa celebrarase o vindeiro día 1 de maio. Esta Festa de Interese Turístico de Galicia cumpre os seus 20 anos de vida e faino co empresario hostaleiro Alberto García como pregoeiro. O recinto feiral Manuel Vila López acollerá ao longo da xornada unha demostración de xogos tradicionais a cargo do colectivo XOTRAMU, un adianto á III edición que se celebrará o vindeiro 5 de xuño. Pola tardiña a música chegará da man do colectivo local Acapa Show Petapouco e o grupo de gaitas Entre lusco e fusco amenizará a xornada. Tamén haberá un sorteo de produtos de artesanía doados por algúns dos artesáns que acudiron á 27ª edición da Moexmu celebrada o primeiro fin de semana do mes de abril. Ao longo de toda a xornada, haberá unha exposición de case medio cento de fotos, organizada pola Asociación Cultural “Aquilino Iglesia Alvariño”, na que aparecerán retratados as persoas de maior idade, veciños e veciñas da parroquia de Muimenta. Durante a xornadas entregaranse os premios da XII edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa, que este ano tivo como temática O Río Miño. De entre os dezaoito premiados en cada unhas das categorías escollerase un gañador que obterá de premio un ordenador portátil doado pola USC e os traballos gañadores estarán expostos nas oficinas do Recinto Feiral. Outras actividades O domingo 8 de maio, terá lugar no Recinto Feiral o tradicional xantar de agradecemento aos colaboradores da Festa da Filloa. O venres día 6 o Centro Socio Cultural da Xuventude e da Terceira Idade acolle unha charla dirixida a gandeiros sobre a xestión da recría, a cargo do profesor da Universidade de Pennsylvania, Jud Heinrichs, especialista na recría e alimentación do gando vacún. Un mundo por descubrir na Granxa Garabullos Multitude de actividades e xornadas para aprender neste entorno natural da Terra Chá A Granxa Garabullos de Cospeito xa abriu as súas portas para acoller as visitas escolares. É o comezo dunha nova temporada para desfrutar ao aire libre, en contacto coa natureza e coñecendo de preto a flora e a fauna da Terra Chá. Trátase do programa “Granxa educativa” dirixido aos centros educativos e guiado por personaxes que habitan na Fraga Garabullos. Coa axuda do Trasno Pit e o Elfo Troncoso coñecerán aos animais da granxa e do bosque e realizarán as misións que lles encarga a Meiga da Lagoa. A granxa educativa é só unha das múltiples posibilidades que ofrece a granxa. As “Estancias Naturais” van dirixidas a centros educativos de ensino secundario e céntranse no desenvolvemento de contidos curriculares de Educación Física e Ciencias da Natureza. O “Encontro de Xogos” é outra das propostas pensadas para atender as necesidades demandadas de ANPAS e grupos numerosos para a realización de convivencias e xornadas, cun contido altamente lúdico, onde os participantes aprenden formas diferentes de xogar e relacionarse co entorno natural. Ademais de grupos escolares nesta granxa tamén pensan nas familias e por iso “Lecer en familia” ofrece a posibilidade de compartir un día de xogos e experiencias entre pais e fillos. Este ano propoñen unha iniciativa de Campamento Familiar para poder desfrutar dunha semana de actividades compartidas entre pais e fillos nun ambiente de convivencia e diversión. As “Rutas de Aventura” son experiencias dirixidas a grupos de adultos como terapia de descarga de adrenalina e una proba de superación: escalada, paintball, sendeirismo, cicloturismo, tiro con arco… O “Refuxio de Natureza” é unha invitación para grupos que realizan as súas propias actividades no entorno e necesitan un centro loxístico no que reunirse, durmir e comer. A “Festa no Campo” está dirixida a grupos de nenos e nenas que queren celebrar o seu día especial de aniversario ou comuñón, de xeito diferente, con experiencias de descubrimento da natureza, xogos e comida feita por eles mesmos. Campamentos de verán Unha das iniciativas da época estival son os campamentos de verán. Unha experiencia dunha semana dirixida a nenos entre os 5 e os 16 anos. Os campamentos celébranse do domingo 31 de xullo ao sábado 6 de agosto: Para os nenos de 5 a 11 anos a temática é natureza e granxa. Para os mozos e mozas de 12 a 16 anos a programación é a aventura na natureza. actualidade abril 11 terra chá A Xustiza desestima o recurso da empresa Erimsa contra Cospeito pola licenza para extraer cuarzo Os produtos da comarca obteñen o distintivo de calidade “Lugo Sabe” A Comisión contra as minas na Terra Chá celebra a sentenza que impedirá á empresa mineira ter permiso municipal para a súa actividade A empresa Erimsa ten tres concesións mineiras para extracción de cuarzo que afectan a preto de 6.000 hectáreas nos concellos de Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Vilalba, Abadín e Riotorto. A finais do 2008 solicitou as licencias urbanística e de actividade en Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza. “Os concellos non contestaron e a empresa entendeu concedidas as licencias por silencio administrativo”, así o explican dende a Comisión contra as minas na Terra Chá. Os concellos amparáronse na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural entendendo que o silencio administrativo non era positivo. Erimsa presentou recursos contenciosos administrativos nos xulgados de Lugo e demandou aos concellos afectados. Agora o xulgado Número 2 de Lugo ditou a sentenza desestimatoria en relación á demanda promovida pola empresa mineira contra o concello de Cospeito. “Aínda que pode recorrer a sentenza, agora mesmo Erimsa non poderá obter licenza urbanística nin de actividade en Cospeito por silencio administrativo, tal e como pretendía tras solicitala e non obter resposta municipal”, engaden dende a comisión. A xustiza dá a razón ao concello de Cospeito e a varias persoas e entidades co-demandadas, coma Gonzalo Rodríguez, que compareceu en representación da Comisión; o Sindicato Labrego Galego; e varios gandeiros e gandeiras e veciños e veciñas. A Comisión contra as minas da Terra Chá expresou o seu desexo de que os O Foro Vilalbés de Debate e Cooperación recorda ao falecido político socialista Martín Seco Cendán O día 30 de abril terán lugar os actos na memoria do finado político de Vilalba, Martín Seco Cendán, que organizan o Foro Vilalbés de Debate e Cooperación e o concello de Vilalba. Os actos en recordo do político vilalbés comezan o día 30 de abril ás 12 horas na rúa Mato Vizoso, na casa onde naceu Martín Seco Cendán. Alí levarase a cabo o acto institucional onde tomarán a palabra Margarita de Vicente Mato, secretaria do Foro Vilalbés e Gerardo Criado, alcalde de Vilalba. Despois o alcalde descubrirá a placa que o concello coloca na casa onde naceu o homenaxeado para o recordo dos seus veciños. Un acto que estará amenizado con música tradicional galega. A xornada continuará no entorno do Muíño do Rañego, no lugar onde a familia de Martín Seco Cendán ten plantado un carballo na súa memoria. Alí o vicepresidente do Foro Vilalbés de Debate e Cooperación, Suso Trastoy, descubrirá o monólito que esta organización encargou con fondos recollidos de doazóns de particulares de Vilalba e que se gravou cunha dedicatoria e unha poesía na memoria deste político socialista vilalbés. Tralo acto tomarán a palabra os profesores vilalbeses Bernardo García Cendán, sociólogo e escritor; Manolo Roca Cendán, economista e escritor; e Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura. 13 contenciosos interpostos contra os concellos de Castro de Rei e A Pastoriza teñan igual desenlace. Historia da comisión A oposición ás minas na Terra Chá comezou no ano 2006 cando o Diario Oficial de Galicia fai públicas tres concesións mineiras para extracción de cuarzo á empresa Erimsa. As concesións aprobáronse sen ter en conta, entre outros, os intereses agrogandeiros na declaración de impacto ambiental. Ao comezar 2007 convócase a primeira das mobilizacións en Lugo. A comisión integrada por colectivos agrogandeiros, cooperativas, ecoloxistas, veciños... conseguiu polo de agora que ningunha escavadora empezara a destruír a terra para extraer o cuarzo. A Deputación de Lugo pon no mercado os primeiros 150 produtos autóctonos Lugo Sabe, a marca de garantía de calidade do organismo provincial. Entre eles, o queixo de San Simón da Costa, a torda de Guitiriz ou os capóns de Vilalba. Pero a variedade de produtos da provincia vai dende os pementos, cebolas, tomates, mel, pan e derivados, queixos, carnes de vacún e porcino, así como embutidos ou doces. A listaxe, que segue aberta a todas as empresas lucenses interesadas incrementarase nas vindeiras semanas. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este martes os diplomas que acreditan posuír este distintivo, ás primeiras empresas agroalimentarias que someteron os seus produtos a unha rigorosa avaliación durante todo o seu proceso de fabricación: produción, embalaxe, almacenamento e distri- bución. Gómez Besteiro asinou un convenio para a súa inmediata posta á venda, nun principio, en 14 establecementos de Cemar, Cafestore e La Palloza Gallega nas provincia de Lugo e A Coruña. No caso de Cemar, en primeiro lugar venderanse nos 10 supermercados que posúe en Pobra de San Xillao, Ribadeo, Ferreira do Valadouro, Meira, Castro Riberas de Lea, Palas de Rei, Lugo e tamén en Ortigueira e Cedeira. Os restantes puntos de venda sitúanse en catro estacións de servizo da A-6. Comercio electrónico A Deputación porá en marcha en maio a primeira plataforma de comercio electrónico na provincia. Será un espazo onde, de xeito totalmente gratuíto e as 24 horas do día, as empresas lucenses poderán anunciar, vender e distribuír os produtos agroalimentarios. Cultura investirá 880.000 euros en edificios singulares da provincia Antón Bao nas instalacións do Cárcere de Sarria A Área de Cultura da Deputación vai poñer en marcha un plan de acondicionamento e posta en valor de edificios singulares na provincia de Lugo. Nos Museos da Rede Museística realizaranse obras de mellora das instalacións que xa están en uso, e tamén de acondicionamento de novos espazos. No Museo de Lugo levarase a cabo unha intervención para consolidar a estrutura do claustro e a mellora da iluminación e o sistema de rego dos xardíns, cun orzamento total de 100.000 euros. No caso do Museo do Mar de San Cibrao, achegaranse 190.000 euros para realizar obras de ampliación. Na sala de exposicións Porta Miñá de Lugo, o museo arqueolóxico, a Área de Cultura da Deputación aportará un total de 25.000 euros para contribuír ao desenvolvemento das obras que o concello realice neste edificio singular. O pazo de Tor, situado no concello de Monforte, será outro dos obxectivos deste plan de recuperación e posta en valor de edificios singulares. Data do século XVIII e nel acometeranse as obras de iluminación e acondicionamento ambiental dos alpendres, algo que permitirá musealizar estes espazos e trasladar, a un deles, os fondos da biblioteca do Pazo. Tamén se acometerán accións de conservación na carpin- tería exterior do edificio. Outro dos investimentos terá como obxectivo o acondicionamento do Cárcere de Sarria: un edificio que se converterá nun lugar de valorización e recuperación das tradicións populares e acollerá diversas actividades culturais. Por outra banda, o edificio que alberga o Círculo das Artes de Lugo tamén contará coa colaboración da Área de Cultura, que achegará 75.000 euros para realizar obras de mellora dos espazos do edificio lucense atendendo ao valor histórico que ten para a cidade de Lugo. Dentro do plan programado pola Área de Cultura inclúese tamén a rehabilitación integral do edificio da Escola Habanera de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, un edificio de comezos do século XX. Esta escola habanera ten forma de U, e unha das alas do edificio converterase en sala multiusos que permitirá a realización de exposicións, obradoiros e outras actividades culturais. A outra ala do edificio habilitarse como salón de actos, e a parte frontal da escola terá, na súa planta alta, oficinas destinadas a asociacións culturais. Tamén se recuperará o xardín de tipo indiano que existía no patio interior do recinto. Para a recuperación desta escola do concello de Barreiros a área de cultura da Deputación de Lugo aportará un total de 200.000 euros. 14 actualidade abril 11 terra chá A Deputación executará preto de 300 Os socialistas reúnense obras con 3,4 millóns de euros den- cos empresarios de tro do Plan de Comunidades Veciñais Vilalba para coñecer as súas demandas A Xunta de Goberno da Depu- tación non supera os 12.000 Soexo. tación aprobou as obras do Plan de Comunidades Veciñais do 2011 co que o organismo provincial seguirá aumentado a cooperación cos concellos da provincia. Un total de 295 entidades asociativas beneficiaranse doutras tantas obras que se executarán ao longo deste ano e que 3,4 millóns de euros. Desta cantidade, a Deputación achega o 67,6%; é dicir, 2,3 millóns, e as asociacións veciñais, o 29% restante, 1 millón de euros. Trátase dunha iniciativa que mellora as economías locais xa que está destinada ás parroquias dos concellos. Subvenciónanse pequenas obras que os concellos non poderían acometer sen a colaboración da deputación. É o caso de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais. As axudas que concede a depu- euros, é dicir, o 75% do importe total da obra, de xeito que o 25% restante é aportado polos colectivos veciñais. 61 obras na Terra Chá En total son 61 proxectos os que se desenvolverán por asociacións e entidades dos nove municipios de Terra Chá. A deputación achegará 443.834,07 euros para axudar a custear todas as iniciativas veciñais, que conxuntamente suman un orzamento de case 650.000 euros. Os municipios con máis actuacións son Vilalba e Cospeito, cunha decena cada un, mentres que en Begonte executaranse sete proxectos, seis en Xermade, cinco en Muras e Castro de Rei e catro en Abadín, Guitiriz e A Pastoriza. En Vilalba melloraranse seis escolas parroquiais, dous camiños rurais, o acondicionamento do cemiterio de Tardade e a compra de bancos para a igrexa de En Cospeito as obras destinaranse a acondicionar seis igrexas e unha pista polideportiva en Xustás, así como pechar un campo da festa, comprar mobiliario e facer un pozo. No concello de Begonte as obras acondicionarán tres locais sociais, unha escola, un campo da festa, unha fonte e o club fluvial de Baamonde. Mellorarase tamén o campo de fútbol de Cabreiros, catro locais sociais e comprarase mobiliario para os cazadores de CazásMomán. En Muras as obras centraranse no acondicionamento de camiños rurais. E en Abadín construiranse as beirarrúas dun cemiterio, acristalarase unha pérgola, mellora dun camiño e a rede de abastecemento de auga. En Guitiriz construirase un aparcadoiro, acondicionaranse camiños, rehabilitarase unha escola e dotarase de electricidade á capela de San Alberte. begonte As obras na rede de abastecemento de Begonte e Baamonde rematarán durante o mes de maio rios arranxos destas infraestruturas ao longo do ano, o que supoñía un desembolso duns 50.000 euros anuais. O organismo provincial asumiu a execución da primeira fase desta obra ante a imposibilidade de poder ser executada polo concello de Begonte, que en total ten un investimento de 700.000 euros. Gómez Besteiro e Otero durante a visita ás obras en Begonte Confirmouno o Presidente da Deputación provincial de Lugo na visita a Begonte e Baamonde a comezos do mes de abril. Os traballos, do Plan Extraordinario de Obra Pública, avanzan a “bo ritmo” e rematarán en menos dun mes e medio. Contan cun investimento de 334.000 euros. Trátase dunha obra moi demandada polos veciños, xa que os problemas no subministro de auga eran continuos, debido a que as tubaxes se atopan danadas e moi deterioradas. Ademais, a presión é insuficiente para levar a cabo as habituais tarefas domésticas nos fogares. Isto provocaba que o concello tivese que acometer va- Ponte de Baamonde O presidente da Deputación anunciou ademais que o organismo provincial estudará medidas para poñer fin aos asolagamentos na Ponte de Baamonde que se suceden a cotío debido ás intensas choivas. As continuas enchentes impiden aos veciños empregar este vial que comunica os concellos de Begonte e Guiritiz.Gómez Besteiro comprometeuse a esta avaliación por parte dos técnicos do organismo provincial á petición das ducias de cidadáns que se concentraron na zona durante a visita ás obras. Os socialistas de Vilalba continúan coa súa rolda de reunións para presentar as súas propostas de cara ás eleccións de maio. O candidato socialista á alcaldía de Vilalba, acompañado por Elba Veleiro e o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, mantiveron unha xuntanza cos empresarios do polígono de Vilalba. Na reunión amosaron interese e preocupación polos problemas, necesidades e inquedanzas deste colectivo. “Puxéronse na mesa temas propios da xestión das empresas como son a dispoñibilidade de solo; a falta de boas comunicacións de telefonía e internet; e a xestión dos residuos nas pequenas e medianas empresas”, explicou Vidal. O candidato falou do seu compromiso “para posibilitar a formalización dun plan específico para a recollida de lixo das PEMES”. Besteiro explicou que “hai unha forma distinta de gobernar coa participación e implicación de todos. A necesidade de xerar emprego en Vilalba é importantísima, dado o elevado porcentaxe de xente vinculada ao sector industrial. Cada vez hai máis certeza en Vilalba de que un cambio é posible. Estar quieto non conduce a nada”. En canto á preocupación dos empresarios pola seguridade e pola ampliación do polígono, comprometeuse a que “se o alcalde presenta os proxectos, dende a Deputación podemos financialos”. Ao respecto da seguridade Vidal recordou que o PSOE presentou “propostas no concello para que parte dos fondos do Plan E foran destinados a cámaras e sistemas de vixilancia, que dende o concello foron rexeitados”. Serafín Otero encabeza a candidatura socialista de Begonte cunha lista renovada As perspectivas dos socialistas de Begonte para as vindeiras eleccións municipais son “acadar o respaldo maioritario dos veciños deste concello para poder liderar o futuro de Begonte, dende a alcaldía, e para poder desenvolver o proxecto socialista cun respaldo suficiente que nos permita non ter atrancos no camiño”, segundo afirma o cabeza de lista. Serafín Otero Paredes encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE e subliña que os seus obxectivos son “frear a perda de poboación; favorecer o investimento, nunha gran aposta polo emprego, a formación e a mocidade. Pretende- mos facer de Begonte un lugar atractivo para vivir. Nos concellos como o noso, con poboación envellecida, debe ser unha aposta clara e decidida dos servizos sociais darlle a volta a esa situación”. Sobre a candidatura explica que “hai xente nova, con moita ilusión por traballar por Begonte. É unha lista un 50% paritaria, na que hai sete novas incorporacións”, remata. Acompáñano María Teresa Ares, María Regueiro, María José Cabarcos, Eugenio Arraña, Isabel Díaz, Jesusa Pichín, Carlos Vizcaíno, María Pilar Agrasar, J. Ramón Vázquez e Ángel Díaz. actualidade abril 11 15 Serafín Otero, candidato á alcaldía de Begonte polo PSdeG “Somos os únicos que podemos liderar o cambio e garantir o futuro de Begonte” Apaixonado da lectura, da caza e da pesca, aos seus 53 anos, o socialista Serafín Otero quere ser alcalde de Begonte. Preséntase a estas eleccións con ilusión e coa convicción de ter os deberes feitos nestes últimos catro anos. -Por que decide presentarse como candidato á alcaldía de Begonte? -Preséntome para consolidar un proxecto que durante estes catro anos puidemos comezar a desenvolver desde o goberno municipal e que considero que supuxo un adianto para o noso concello. Desde que entrou o PSOE no goberno, o concello de Begonte abriu as súas portas aos veciños, que por primeira vez en moitos anos foron a prioridade para o executivo municipal. -A un mes das eleccións municipais como afronta esta recta final? -Con moita ilusión e orgullo polo traballo realizado nestes 4 anos e coa esperanza de seguir gobernando este concello pero esta vez como alcalde. Así poderemos liderar o noso proxecto xa que aínda que o peso da xestión recaeu no noso partido, loxicamente tivemos a limitación de non ostentar a alcaldía. Agora espero que cambie esta situación. Eu creo que a pesar de todos os problemas polos que tivemos que pasar por non ter a maioría necesaria para sacar adiante as nosas propostas, o balance foi moi positivo porque serviu para demostrar que as cousas se poden facer doutro xeito. Penso que os veciños e veciñas de Begonte saben valorar o traballo feito e por tanto estou seguro de que obteremos un gran resultado nas vindeiras eleccións municipais. -Como afectará ao PSOE de Begonte a ruptura do pacto de goberno no concello? -Aínda que o alcalde se sacou da manga unhas supostas diferencias con nós para intentar xustificar o inxustificable do seu comportamento, o pacto funcionou positivamente. Entre outras cousas porque o PSOE fixo un gran traballo e a verdade é que houbo un bo entendemento ata que o alcalde decidiu irse ao PP. Esa falta de criterio é algo intolerable para nós e por iso decidimos a abandonar o goberno. Eu penso que os cidadáns de Begonte saben perfectamente cal foi o noso papel e saberá valorar a nosa coherencia e o noso traballo, polo que estou seguro de que nos darán o respaldo maioritario. -Como explica a integración do actual alcalde na lista do Par- tido Popular? -A explicación é moi sinxela. Cando che importan máis os intereses particulares que os intereses dos veciños de Begonte, é sinxelo comprar a túa vontade. Esta é a razón. Non vos preocupedes, que non tardaremos moito en saber cal é a xustificación desta decisión nin dos intereses do alcalde. Xa veredes como non tardará moito en marchar do concello. -No 2007 a alianza con Independentes de Begonte levounos ao goberno municipal, volvería a negociar nestas eleccións con outro partido? - Hai catro anos os veciños de Begonte dixeron que querían un cambio e, tras máis de 20 anos, o PP perdeu a maioría absoluta. Dende o PSOE entendemos que era bo para o concello abrir as súas portas e cambiar a un goberno que xa estaba apolillado. Pensamos que non podiamos desperdiciar a ocasión de darlle aos veciños de Begonte a oportunidade de modernizar este concello e poñelo no lugar que se merece. Creo que estes 4 anos serviron para contrapoñer dous modelos, o do pasado e o do futuro, e por iso pensamos que agora temos que consolidar este traballo gobernando e liderando este concello, para que non volva a estar na cola e siga subido ao tren do avance e do futuro. Nós presentámonos para gobernar este concello en solitario e por tanto dos pactos haberá que falar despois das eleccións pero se hai que chegar gonte para poder liderar o futuro deste concello, pero desde a alcaldía, para poder desenvolver o noso proxecto co respaldo suficiente que nos permitan non ter atrancos no camiño. -Cal é o eixo central do seu programa? -Frear a perda de poboación, favorecendo as inversións, apostando polo emprego, a formación e a xuventude. Para facer de Begonte un lugar atractivo para vivir. E un dos obxectivos de concellos como o noso, cunha poboación envellecida, debe ser tamén a aposta decidida polos servizos sociais. -Que visión ten do Begonte actual e que cambiaría? -Eu creo que Begonte é un concello cheo de oportunidades de futuro debido á súa inmellorable situación estratéxica. O que precisa é desenvolver as políticas necesarias que nos permitan aproveitar estas oportunidades que se nos presentan. A verdade é que cambiar non cambiaría nada, a min Begonte gústame tal como é, o que precisa é seguir investindo en cubrir todos os servizos básicos na totalidade do municipio porque esta é a prioridade, e despois seguir mellorando as infraestruturas, apostar pola formación, pola cultura e polo deporte como a garantía dunha vida saudable. Temos que apostar por potenciar as virtudes do modo de vida rural fronte ao urbano para fixar poboación e garantir o futuro deste concello. “O principal é frear a perda de poboación, favorecendo as inversións, apostando polo emprego, a formación e a xuventude” “Begonte é un concello cheo de oportunidades de futuro debido á súa inmellorable situación estratéxica” “O síntoma de avance dun concello, sen dúbida, son os investimentos en servizos sociais, en mellorar a calidade de vida das persoas” a acordos para que Begonte siga avanzando, estaremos abertos ao diálogo polo ben dos veciños. Para iso poden contar co Partido Socialista. -Cales son as expectativas de cara ao 22 de maio? -As expectativas nas vindeiras eleccións son acadar o respaldo maioritario dos veciños de Be- -En que se centra a súa política económica? -A política económica nun concello como o noso, cun modesto presuposto, debe ser a de manter as contas saneadas porque ademais temos pouca capacidade de endebedamento. E no momento actual no que os concellos pasamos por dificultades económicas, En marzo os socialistas romperon o pacto de goberno co PP temos que garantir a eficiencia no gasto dos recursos, para poder resistir sen afogarnos financeiramente e poder manter os servizos básicos. -E a política social? -A política social sempre foi a nosa prioridade. Nun concello como o noso, temos que garantir o coidado dos enfermos, dos maiores e dos discapacitados porque son os máis indefensos e os que precisan que as administracións lles adiquen todos os recursos posibles. O síntoma de avance dun concello sen dúbida son os investimentos en servizos sociais, en mellorar a calidade de vida das persoas. Creo que nestes catro anos se fixeron grandes avances, sempre dentro das nosas limitacións e tendo en conta que en servizos sociais todos os recursos son insuficientes. Sen embargo ampliamos a axuda a domicilio e tamén abrimos o primeiro centro de día no noso concello. Temos que seguir avanzando nesta dirección. -Cal é a súa opinión sobre os outros candidatos á alcaldía? -A miña opinión é de respeto absoluto aos outros candidatos, como non pode ser de outro xeito. Sen embargo eu creo que o Partido Socialista é o único que pode garantir o futuro de Begonte, por- que somos os únicos que podemos liderar o cambio, como demostramos co noso papel no goberno municipal. Sinceramente o señor Ulla, candidato do PP, representa ao pasado e a un modo de gobernar que deixou a Begonte no vagón de cola. Non nos pode falar de futuro porque xa demostrou cal é o seu proxecto cando estivo no goberno e Begonte non pode volver a sufrir a desidia nin o abandono ao que o someteu o Partido Popular e do que o señor Ulla é absolutamente responsable. Ademais, a candidatura do PP caracterízase pola falta de rigor e de criterio absoluto: primeiro están no PP, logo anuncian que abandonan o partido, despois que volven e agora fichan a outra persoa sen criterio, o señor alcalde, que tamén pasa de dicir que vai por independente a ir polo PP de número 2, o cal é inaudito. A ver con que nos sorprende semellante falta de sensatez e de criterio. A verdade é que costa tomalo en serio. - Que é o primeiro que faría se chegase a ser alcalde? - Convocar aos axentes económicos do concello para facer unha aposta polo emprego que é a principal necesidade dos habitantes do concello, para evitar así a perda de poboación. 16 actualidade abril 11 castro de rei muras O BNG de Castro de Rei acusa ao alcalde de “dinamitar” o pacto de goberno O BNG busca o cambio político en Muras con Manuel Requeixo como cabeza de lista Jorge Balado acusa ao alcalde de “mentir abertamente e de planificar á mantenta” a ruptura do pacto de goberno O voceiro municipal do BNG, Jorge Balado, denunciou que “o señor Valiño mente cando afirma que quixo negociar o orzamento”. O voceiro do BNG e candidato á alcaldía indicou que “nin o negociou con BNG nin tampouco o fixo, como recoñeceu o concelleiro de TEGA, con Roberto Lorenzo”. O propio ex concelleiro do PSOE, agora non adscrito, tamén recoñeceu no pleno que “con el tampouco negociara nada”. Balado indicou que “cando tres partes de catro afirman que non houbo negociacións do orzamento, confirman a mentira do señor Valiño”. O BNG incide en que estes orzamentos son “moi malos” para Castro de Rei, unha visión na que “non casualmente coincidiu toda a corporación, incluído un dos concelleiros que non había vinte días formaba parte do grupo socialista”. Segundo o candidato nacionalista á alcaldía “agora está claro por que os orzamentos se presentaron como se presentaron”. O voceiro municipal subliñou que o orzamento “non incluía nin sequera unha obra, máis alá das anuais do Plan de Obras e Servizos, cun investimento real que non chega ao 8 % do total”. Constata que “o alcalde non pode falar de negociación a dar documentación que obrigatoriamente ten que entregar para o pleno”. O BNG insiste en que toma “as decisións pensando nos intereses dos veciños de Castro de Rei” e contrapón a actitude de Valiño que “pensou e pensa exclusivamente na súa situación persoal”. Orzamentos municipais A próxima corporación municipal de Castro de Rei terá que aprobar os orzamentos municipais para o presente exercicio. Os presupostos do alcalde foron rexeitados por maioría no pleno. Tanto populares, nacionalistas como o concelleiro non adscrito, Antonio Balado, votaron en contra, coa abstención do representante de Terra Galega. O alcalde, Juan José Díaz Valiño, explicou que o orzamento para este ano suma 2.970.600 euros, cun incremento de 300.000. O BNG concurrira ás vindeiras eleccións municipais en Muras cunha renovada lista que encabeza Manuel Requeixo Arnejo, veciño do Pico Verde, Licenciado en Historia pola USC e vinculado ás organizacións non gubarnementais ligadas a integración de persoas con problemas de exclusión social. Segundo explicou Requeixo “a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que Muras está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos e que polo tanto implique desterrar as prácticas clientelares. En definitiva tratase de rematar cun goberno que se caracterizou por vinte anos de promesas e outros tantos anos de incumprimentos”. O cabeza de lista adiantou que “as liñas centrais da alternativa dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do concello, afortalar os servizos sociais e mellorar as infraestructura. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no concello se non se actúa nestes tres eixos”, ao mesmo tempo que denunciou “ que a Casa do Concello non pode ser un cortixo ao servicio dos interese particulares do alcalde, un espazo que na contra de dar resposta aos problemas e preocupacións dos veciños só está interesada en solventar aquelas cuestións que son do interese persoal do alcalde. É o momento de poñer a institución ao servicio de todos”, explica. Acompañan a Requeixo nesta candidatura Belén Chao, de Coruxos-Viveirón, é traballadora de prisións; Carlos Carballés da Paleira, operario da construción; Antonio Chao, das Ucheiras, ensinante; Patricia Puentes, da Picheira, Graduada Social; Delio Fernández da Funqueixeira-A Balsa, encofrador e Carlos Requeixo do Pico Verde, soldador. meira María Veiga encabeza a lista nacionalista para a alcaldía de Meira O BNG de Meira presentou a súa candidatura á alcaldía de Meira, encabezada por María Vega, que repite como actual voceira do BNG que repite como cabeza de lista. Os nacionalistas apostan por unha candidatura de homes e de mulleres “ilusionados, con ganas de traballar e con proxectos para que Meira avance”. A definición da candidatura é “a honestidade, o traballo e as ganas por cambiar o pobo de Meira que segue estancado, pero que ten as sufi- cientes potencialidades para destacar como a cabeceira de comarca que é”. “Presentamos unha candidatura anovada coa incorporación de persoas que non participaron noutros procesos electorais, mais tamén combinándoos coa experiencia de xente que xa non é a súa primeira xeira en política”, explican os nacionalistas. Completan a lista no segundo posto Felipe Nieto e no terceiro Xosé Salgado, actual responsable local do BNG de Meira. Xunto a eles Ermitas Rodríguez, gandeira, Fátima Docio, responsable da oficina de Extensión Agraria, Félix Paz, profesor de matemáticas, Raquel Abraira, veciña da Valiña, Nadia Gutierrez, veciña da Veiga da Horta, e Fina Abraira, gandeira. O actual alcalde Antonio de Dios preséntase á reelección nas municipais No acto de presentación o actual rexedor repasou tanto as obras e as inversión, así como os compromisos para os vindeiros anos entre os que se atopa a aprobación do PXOM. O alcalde de Meira anunciou que o compromiso dos socialistas, pactado para os vindeiros anos, céntrase no remate e ampliación da residencia, a aprobación do PXOM de Meira, a construción da escola municipal de música, a gardería municipal, a culminación do polígono in- dustrial, a promoción de vivendas sociais, a renovación do saneamento e abastecemento de auga no casco urbano e no medio rural, a substitución de fosas asépticas, o remate da electrificación en Cabana, Irimia Baixo, Paredes e Paderme, a iluminación da igrexa de Santa María de Meira, o fomento de emprego e a asistencia a desempregados, o novo campo de fútbol e a reforma e mellora do cuartel da Garda Civil. Sobre a candidatura explicou que “son persoas moi queridas, coñecidas e con moito tirón no concello”. Dos novos fichaxes asegurou que “son moi traballadores, contamos coa mocidade para facer esta candidatura”. E destacou que “somos de Meira e traballamos por Meira”. A Deputación adxudica a residencia da Terceira Idade O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou durante unha visita ao concello de Meira que o organismo provincial adxudicou as obras da residencia da terceira idade e centro de día de Meira. A infraestrutura situarase no parque Profesor Río Barja, no casco urbano. O organismo provincial rehabilitará o edificio existente neste lugar, que se sitúa nunha finca de 5.000 metros cadrados. En total a Deputación investirá 1,2 millóns de euros. O novo centro terá capacidade para corenta persoas: 25 persoas no caso da residencia e 15 nas instalacións do centro de día. A Deputación de Lugo adxudicou durante a segunda quincena de abril outras tres residencias na provincia de Lugo: a de Pedrafita do Cebreiro, a de Guitiriz e a residencia de Navia de Suarna. actualidade abril 11 17 xermade Unha veciña doa ao A asociación Progreso de Lousada terá alumeado público concello un cadro O Presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e o representante da Asociación de Veciños de Lousada, Artemio Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para a instalación de mellora do alumeado público en varias localidades. A Asociación Sociocultural e Medioambiental “Progreso de Lousada” está integrada por 83 socios e dedica os seus esforzos ao estudo e resolución dos problemas desta parroquia de Xermade. Dentro do obxectivo de desenvolver iniciativas que impulsen o benestar dos cidadáns, solicitaron a colaboración do organismo provincial para o des- envolvemento deste proxecto que inclúe a instalación integral do tendido eléctrico co que se subministrará de iluminación ás devanditas localidades, de tal xeito que con esta actuación se cumpre coa demanda das actividades que realizan tanto os socios da asociación como os veciños. A Deputación de Lugo achega preto de 20.000 euros. Gómez Besteiro tamén lembrou que o organismo provincial continúa a desenvolver as obras de mellora nas estradas provinciais CP-6509 do Carrizo a Lousada e na CP-2206 de Casanova por Lousada á de Lanzós a Vilapedre. Para o acondicionamento destes viais, o organismo pro- vincial achega máis de 1,5 millóns de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública. Os traballos, que afectan a 11 quilómetros destas dúas estradas que unen os concellos de Vilalba e Xermade, inclúen a eliminación de curvas perigosas, o ensanche da plataforma, aglomerado en quente, apertura de cunetas, sinalización vertical e horizontal e colocación de ollos de gato. Trátase dunhas obras demandadas polos veciños e veciñas, así como polos usuarios das mesmas, xa que estas dúas estradas enlazan coa autovía Ferrol-Vilalba e coa comarcal CabreirosViveiro. sobre a muller rural Tomás Rodríguez recibindo o cadro, obra de Conchi Pardo pastoriza Primitivo Iglesias volve a encabezar a lista socialista no concello da Pastoriza Os socialistas da Pastoriza presentaron a súa candidatura de cara ás vindeiras eleccións nun xantar que se celebrou no pavillón municipal e que xuntou a máis de 400 persoas. O secretario da Executiva provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, Ricardo Varela, falou da importancia da decisión a tomar o 22 de maio, destacou que das candidaturas había que mirar que as integrasen xente boa e que lle queira moito ao seu concello, “dúas características que ten a lista socialista, encabezada por Primitivo”. Ademais diferenciou dúas maneiras de “querer á Pastoriza tan só para a foto ou querer, como no caso dos socialistas, para conseguir que A Pas- toriza avance, para que a xente se quede a vivir aquí e para acadar máis prestacións”. O presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro, falou do candidato socialista á alcaldía da Pastoriza como “o alcalde que trouxo máis inversión ata este concello”. Pola súa parte, o candidato a alcalde salientou que “boa parte da candidatura socialista ten a experiencia destes catro anos de goberno. Tamén se incorporan persoas comprometidas e ilusionadas con seguir mellorando e conseguindo que A Pastoriza progrese. Nesta lista temos xente nova, que chega con ilusión e con ánimo. Estamos comprometidos co concello, traballaremos con honestidade, transparencia e comprometidos con todos e cada un dos veciños e veciñas do concello”. Primitivo Iglesias destacou que a preocupación do PSdeGPSOE céntrase na creación de emprego debido ao “duro momento que vivimos”. Recordou o obradoiro de emprego traído polo goberno de Pérez Touriño no 2008 que posibilitou traballo a 27 persoas durante un ano; tamén o Plan Laxa que en 2009 deu traballo a desocupados das canteiras durante 9 meses e o Lugo Emprega da Deputación. Así tamén asegurou que “traballaremos por atraer e axudar a ampliación e creación de empresas en A Pastoriza”. Elva Carreira opta á alcaldía tras catro anos como tenente de alcalde A actual tenente de Alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, estivo arroupada polo deputado lucense Fernando Blanco e os membros do conxunto da candidatura da Pastoriza na súa presentación aos veciños e veciñas. O acto tivo lugar na Casa da Cultura da Pastoriza tralo que se celebrou un xantar en Bretoña cos militantes e simpatizantes nacionalistas. Elva Carreira opta á alcaldía polo BNG logo de ostentar a tenencia de alcaldía deste concello durante a lexislatura vixente e desenvolver “un importante traballo moi valorado pola cidadanía pastoricense”, desde as áreas de Medio Rural, Benestar ou Cultura e Deportes do concello. Elva Carreira, de 44 anos, ademais de ser tenente de alcalde da Pastoriza forma parte do Consello e da Executiva Comarcal do BNG de Lugo e ten unha forte implicación na actividade social do concello sendo presidenta da Comunidade de Montes da Pastoriza e das Escolas Deportivas da Pastoriza. Blanco, que arroupou ao grupo del Bloque Nacionalista Galego e destacou a “convicción e a ideoloxía» da candidata nacionalista. Defendeu unha “candidatura con xente nova e con ganas, co que nos podemos enfrontar a todo”. Pola súa parte a nacionalista Elva Carreira irá acompañada na lista por Eloi Villada, que repite como número dos e Manuel Seivane, que é a terceira vez que vai nas listas do BNG da Pastoriza. No cuarto posto vai Verónica Rodríguez , unha nova incorporación e no quinto, Jesús Obarrio, que repite candidatura. A moza Rocío López figura no sexto lugar da lista, seguida de José Veiga. Antonio Iglesia, Vanesa Pérez e Miguel Folgueira ocupan os últimos postos da candidatura do BNG, que completan cinco suplentes: Arcadio Sánchez, Laura Ónega, Xosé Rigueiro, Ángeles López e José Ignacio Rivas. Unha veciña do Porto da Vila, en Roupar, doa un cadro ao concello que reflicte o pasado e o presente da muller rural. Conchi Pardo traballou durante meses no cadro despois de que o verán pasado xurdise a idea. Despois dunha exposición en Xermade comezou a traballar no cadro recollendo fotografías, pinturas e ideas entre os veciños e familiares. “Pasado e presente da muller rural” é o resultado que presentou a semana pasada no concello. O alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez Arias, recolleu en nome do concello, o agasallo de Conchi e agradeceulle publicamente o seu xesto. Durante a presentación Conchi explicou que a paisaxe que se ve no cadro corresponde a Roupar e á casa de Eladio Guerreiro no barrio de Aveás. Ademais esta artista acompaña o cadro cun texto onde explica a súa historia. Conchi sufriu unha pequena lesión cerebral dende que naceu hai agora 53 anos. Leva nove anos asistindo ao Centro de Discapacitados Activos das Pontes, onde coñeceu a pintura. Agora presenta este cadro que se converteu xa en símbolo das actividades relacionadas coa muller e a igualdade. Conchi agradece tamén a axuda que recibiu e o “realizada e feliz” que se sente despois de descubrir a súa arte co pincel. O PP confía en Tomás Rodríguez para continuar na alcaldía de Xermade O presidente provincial dos populares, Xosé Manuel Barreiro, amosou durante o acto de presentación do Partido Popular en Xermade o seu apoio ao actual alcalde, Tomás Rodríguez. O líder dos populares lucenses recalcou que o Partido Popular constitúe, “neste contexto de grave crise económica da que non son alleos os veciños de Xermade”, a opción “máis fiable é útil” para o interese xeral da provincia de Lugo. “Fostes testigos do bo facer do Partido Popular en Xermade baixo a dirección de Tomás Rodríguez. Por elo, estou convencido de que volverédelo a respaldar a el e ao seu equipo o vindeiro 22 de maio”, asegurou Xosé Manuel Barreiro. Un “bo facer” que Barreiro fixo extensivo á Xunta de Galicia “porque foi o goberno de Alberto Núñez Feijoo o que se amosou sensible coa necesidade de mellorar a estrada Cabreiros- Momán, posto que está iniciado o proceso de expropiación dos terreos afectados”, explicou. Barreiro fixo estas declaracións durante a presentación da lista electoral para as vindeiras eleccións nun acto que tivo lugar en Momán. O PP presenta unha lista onde, xunto a Tomás Rodríguez, tamén están Constantino Fernández, Antonio Riveira, Josefa Felpeto, Mario Félix García, Antonio Piñeiro, José Luis Otero, Francisco López, María Pilar Castro, Luis Pena e Manuel Prieto. 18 actualidade abril 11 María do Mar Hermida, candidata á alcaldía de Xermade polo BNG “Xermade ten que ter un goberno municipal diferente, unha alternativa a tantos anos do goberno do PP” María do Mar Hermida, de 41 anos, é profesora de Lingua e Literatura Galega na Coruña. Preséntase por primeira vez á alcaldía de Xermade, coas ganas e o convencimento de levar a cabo un cambio no concello. -Que propón o BNG para Xermade? -O BNG preséntase ás vindeiras eleccións municipais co obxectivo básico de mellorar a calidade e o benestar das veciñas e veciños das dez parroquias que forman o concello de Xermade. O BNG ten un proxecto de futuro para que a xestión do concello sexa democrática, transparente e participativa. Que o concello estea ao servizo das veciñas e veciños; que a veciñanza poida participar na xestión municipal é fundamental para debater e facer propostas sobre o orzamento municipal, o plan anual de obras e servizos ou outros programas especiais como o Leader, Miner, Rede Natura… Para nós o desenvolvemento do parque empresarial é imprescindible, para a creación de emprego. É fundamental un centro de díaresidencia nun concello envellecido. E é necesaria unha escola infantil se queremos que a mocidade quede no concello en igualdade de condicións ou similares aos servizos que lles poidan ofrecer As Pontes ou Vilalba. -Por que decide presentarse á alcaldía? -Porque Xermade ten que ter un goberno municipal diferente, unha alternativa a tantos anos de goberno do PP. Desexo que Xermade medre porque ten a potencialidade e os recursos necesarios pero hai que aproveitalos e non se está facendo. Teño 41 anos e levo moito tempo traballando para conseguir a estabilidade na miña vida. Agora que a conseguín quero que xente coma min poida facer o mesmo pero sen ter que marchar do concello, quero traballar para crear postos de traballo e servizos sociais que xeren riqueza dentro de Xermade. Quero que a mocidade se quede no concello e iso pasa por ofrecerlles un futuro estable. -Cal é a súa visión da vila de Xermade e que cambiaría? -Xermade ten unha situación privilexiada, case diría que estratéxica, mais isto non se aproveita e hai que cambialo. Temos que apostar por unha economía propia que se sustente nos recursos e na potencialidade do concello. -En que se centra a súa política económica? -Somos un concello agro-gandeiro, temos que apoiar o sector, informalo dos recursos que ten e de como xestionalos. Debemos apoiar e desenvolver iniciativas encamiñadas a manter e a potenciar as explotacións do concello. Cómpre elaborar un plan de actuación municipal que descubra e valorice os recursos e materias primas do concello e utilizalos para xerar riqueza e crear emprego. Desenvolver o polígono industrial é fundamental para incentivar o asentamento de empresas e industrias que transformen, valoricen e comercialicen os nosos recursos forestais, agrarios, turísticos, culturais e naturais. para facilitar a conciliación laboral e familiar, incentivar as familias que queden no concello ou que veñan vivir ao concello. Promocionar e favorecer o asentamento poboacional aproveitando a situación de Xermade e o prezo do solo. Dar cobertura real de internet a todas e cada unha das parroquias posto que é un medio de comunicación, de información e mesmo de creación e xestión de novas empresas. -Que lugar ocupa a xuventude na lista de prioridades do BNG? -Temos que coidala e priorizala pois nela está o futuro do concello. Ademais do exposto ata aquí debemos crear un plan de mobilidade específico para eles (neste punto o PP non fixo nada por manter o Noitebús cando no concello de Xermade había seis paradas que facilitaban unha mobilidade eficaz, María do Mar Hermida é veciña de Roupar e ten 41 anos segura, completa e saudable). taba o visto e prace do concello. base; o apoio ao pequeno co-E que lugar a xente maior? Queremos retomar esta vía e mercia e á hostalería; a mellora -Xermade é un concello cunha senón traballar para que Xer- e o impulso das novas tecnoloporcentaxe de xente maior moi made conte cun centro de día- xías e da sociedade de informa- “Desenvolver o polígono industrial é fundamental para incentivar o asentamento de novas empresas” “Somos un equipo renovado con moita ilusión e ganas de traballar, presentámonos para gañar” “Queremos mellorar a calidade e o benestar das veciñas e veciños das dez parroquias que forman o concello de Xermade” -En concellos como Xermade a perda de poboación é un problema, que fará o BNG neste sentido? -Ofrecer os servizos necesarios elevada. O PP desaproveitou unha oportunidade única de creación dun centro de día en Roupar cando xa se tiñan os terreos, o edificio, o proxecto e só fal- residencia canto antes. -Cales son os problemas que presenta a vila e cales as posibles solucións? -Ao longo desta entrevista xa fun expoñendo os problemas máis básicos pero quedan outros que non son menos importantes como son as comunicacións. Xa no 2004 se aprobou o arranxo da estrada Momán -Os Airíos dentro do Plan Miner. Unha vez máis o PP deixou pasar a oportunidade argumentando que xa había unha vía, a de Cabreiros. -No eido social, cre que quedan materias pendentes? -Sempre quedan materias pendentes como por exemplo, a creación de actividades dirixidas á xuventude (ampliación do horario da biblioteca, do centro da xuventude, concertos, campamentos de verán…); o fomento do deporte infantil e xuvenil de ción. -No 2007 tan só acadaron un concelleiro para Xermade, que resultados agardan nas vindeiras eleccións? -Somos un equipo renovado con moita ilusión e ganas de traballar. Presentámonos para gañar pero os resultados serán os que as veciñas e veciños de Xermade queiran. Se apostan por un cambio no goberno municipal e por un Xermade con futuro, deberán escollera a papeleta do BNG. -Que é o primeiro que faría se chegase a ser alcaldesa de Xermade? -Pois, sinceramente, abrir o concello ás veciñas e veciños. Implicalos nese cambio que Xermade necesita e facelos partícipes das nosas propostas. E, a partir de aí, traballar, traballar e traballar para e por Xermade. actualidade abril 11 19 as pontes As Pontes alberga en Xornada de xogos dos escolares maio a XI edición da cos residentes do centro ASPANAES festa dos camioneiros O Concello das Pontes xunto coa Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón e Transporto de Ferrol–As Pontes S.A. están a organizar unha nova edición da Festa do Camioneiro, unha cita que celebrará a súa décimo primeira convocatoria o día 7 de maio. O programa de actividades arrinca ás 9 horas da mañá cunha concentración de camións no barrio da Casilla que arrincará ás 10 horas para percorrer as rúas do casco urbano ata chegar á Canle IV. Ás 11.30 horas abrirase unha mostra de turismos clásicos e camións nas Avenidas da Coruña e Ferrol e ás 13.30 horas celebrarase no patio do colexio Santa María unha celebración litúrxica. Alí mesmo terá lugar o xantar popular a partir das 14 horas. Durante a tarde continuarán as actividades cunha exhibición de coches teledirixidos programada para as 17.30 horas e para as 19 horas está previsto que se desenvolvan, na Casa Dopeso, unhas xornadas dedicadas ao transporte. A festa porá o seu punto e final cunha verbena que comezará ás 23 horas na Praza de América. Dende o Concello quixeron convidar a toda a veciñanza a tomar parte nas múltiples actividades e iniciativas incluídas no programa desta festa que servirá para render homenaxe a un dos colectivos con máis tradición do tecido empresarial e laboral pontés. Trinta nenos e nenas participan nun obradoiro de cociña O deporte achega o problema do autismo a máis de medio cento de nenos e nenas das Pontes. Trátase de dúas xornadas deportivas dirixidas a fomentar as relacións e a convivencia entre nenos con autismo e estudantes de Educación Infantil e Primaria dos colexios de Monte Caxado e Santa María. As xornadas serviron para conmemorar o Día Internacional do Autismo. Deportes coma o baloncesto, o fútbol, os bolos ou o hockey formaron parte dunha xornada lúdico e deportiva na que estudantes de ámbolos dous centros compartiron equipo para desfrutar dunha clase diferente e atípica na que os libros se cambiaron polos xogos, as bromas e a diversión co fin de fomentar a convivencia entre eles. Pequenos e pequenas dos dous centros puideron escoitar dous contos nos que se explicou de forma sinxela o que é o autismo e que se completou con diferentes leccións impartidas nas clases e coas propias explicacións das mestras de ASPANAES. Como premio a tanto esforzo e a tanta implicación deportiva nada mellor que un agasallo en forma de camiseta e de medalla conmemorativa da xornada. O edil de Servizos Sociais, José Alén, destacou a importancia de continuar fomentando xornadas de convivencia deste tipo para dar a coñecer a realidade do autismo e tamén para facer visible a situación das persoas afectadas por TEA, levando a cabo políticas que fomenten a sensibilización tanto dos escolares coma do resto da cidadanía. Cincuenta veciños e veciñas aprenden os beneficios da musicoterapia O Concello das Pontes, puxo en marcha unha nova edición do programa de conciliación Aulas de Diversión. Un obradoiro de cociña para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. Están a apren- der non só a idear pratos sinxelos e sans, senón tamén a identificar e diferenciar os sabores e a combinar aqueles alimentos e cociñar pratos sans, saborosos e atractivos. A segunda das modalidades incluídas no programa Vellez Activa dirixido a maiores de 55 anos celebrouse durante o mes de abril e dedicouse á musicoterapia. Un obradoiro que se suma aos tres talleres de adestramento da memoria no que están a participar medio cento de veciños veciñas das Pontes. As integrantes do colectivo de viúvas María Magdalena, da Asociación das Amas de Casa e da entidade veciñal O Adro de Espiñaredo aprenderán os beneficios da música, dos sons, do ritmo e das melodías que se empregan como medio para desenvolver, un proceso terapéutico que axuda a lograr o benestar do individuo. Mediante diferentes exercicios e experiencias a docente encar- gada do taller, Montserrat López, axudará a facilitar a relaxación, as relacións e a expresión dos seus alumnos e alumnas, mellorando a súa integración interpersoal. O benestar emocional, a saúde física, a interacción social, as habilidades comunicacionais e a capacidade cognitiva son osprincipais protagonistas neste tipo de clases. 20 deportes abril 11 deportes Os taekwondistas vilalbeses continúan sumando éxitos mentos coa Selección Galega senón a participación en campionatos como o Open de Tenerife e o Open de Santa Maria do Páramo en León. David Ansede no campionato celebrado en Arrigorriaga O mozo de vilalba compite na categoría cadete, pero esta vez acadou o terceiro posto no Campionato Junior celebrado na localidade vasca de Arrigorriaga. A David Ansede acompañárono os seus compañeiros Janice y Michael López, que non puideron acadar ningún podio, pero que realizaron un bo traballo perdendo fronte a competidores de elite. David Ansede e Janice López forman parte dun proxecto que pretende culminar coa súa participación no Campionato de España Cadete. Dende Escola Moo Duk Kwan de Vilalba confían en acadar podio. Dentro deste proxecto están non só os adestra- Open de España David Ansede e Janice López competiron ademais no Open de España de Tae Kwon-Do, un evento de máximo nivel europeo no que se deron cita máis de 1.500 deportistas. Janice López obtivo unha meritoria medalla de bronce, perdendo por punto de ouro ante a deportista que posteriormente seria campioa. Así o relatan dende a escola vilalbesa onde apuntan ademais que David Ansede se clasificou en cuarto posto despois de facer uns “excelentes combates”. “O primeiro combate dos deportistas finalizou no transcurso do primeiro asalto por unhas diferenzas tan notables como 17/0 e 12/0”, destacan dende a Escola Moo Duk Kwan. O vilalbés José Cuba cae eliminado no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas O vilalbés José Cuba caeu na primeira rolda do Campionato de Europa de Loitas Olímpicas que se celebrou a semana pasada na cidade alemá de Dortmund. Cuba caeu ante Basiev. O loitador de orixe ruso e nacionalizado armenio partía como favorito dado o seu palmarés, pero José chegaba a Dortmund no seu mellor momento e cun nivel moi superior ao da maioría dos seus adversarios. O acerbaián Magomedov impúxose a Basiev na seguinte rolda deixando ao vilalbés fora da competición sen posibilidade de repesca. Cuba regresa a Vilalba para adestrar e corrixir os erros máis importantes co obxectivo de preparar a súa participación no próximo mundial do mes de setembro. Os loitadores alevíns conseguen a segunda praza en Palas de Reis Equipo vilalbés de loita na categoría alevín O equipo de Loita de Vilalba participou en abril na primeira xornada da liga de deporte de base que se celebrou no pavillón municipal de Palas de Reis. Os deportistas alevíns clasificándose en segunda posición tralo equipo de Melide. Os vilalbeses tiveron unha moi boa actuación impoñéndose a outros equipos moito máis numerosos, aínda que se notou a falla de rodaxe da primeira cita da tempada e a inclusión á competición de novos loitadores que se estrearon en Palas de Reis, segundo informan dende o club vilalbés. Os deportistas traballarán nas próximas semanas para mellorar a loita no chan xa que é onde máis dificultades atoparon e poderán amosar de novos os seus progresos na próxima xornada de liga que se disputará en Compostela o vindeiro 7 de maio. O 30 de abril unha pequena selección de loitadores viaxará a Vigo para disputar o Trofeo Nacional do Kuzushi. Os deportistas vilalbeses destacan no Campionato Galego Promesa de Taekwondo Equipo do Club Taekwondo Vilalba Jansu na vila de Cangas O Club Taekwondo Vilalba Jansu participou a comezos do mes de abriol no Campionato Galego Promesas que se celebrou na vila pontevedresa de Cangas. Os deportistas Estefanía Díaz, Cristian Fernández, Óscar Vivero, David Fernández e Diego García viaxaron ata Cangas acompañados da adestradora Jessica Romero e do árbitro Juan Carlos Quintana. Estefanía Díaz acadou a prata neste campionato de promesas e Óscar Viveiro o bronce, pero quedou con boas sensacións e ese bronce soubo a pouco. Dende o club vilalbés informan ademais da prata de Cristian Fernández, nunha disputada final e cunha lesión nun empeine producida na primeira rolda. Un feito que “mermou bastante as posibilidades de acadar o ouro, pero con iso e todo se lle ve unha gran progresión respecto ás ultimas veces que participou en competicións”, destacan dende o clube vilalbés. Raúl Álvarez, Diego García e David Fernández, aínda que fixeron un bo papel, quedaron apeados nas primeiras roldas. A adestradora Jessica Romero, responsable do equipo, quedou “moi satisfeita” en canto aos bos resultados acadados e tralo traballo realizado polos taekwondistas de Vilalba neste campionato galego. O Afer Formación de Rábade consolídase na segunda posición da Primeira División Galega Co resultado de 6 a 1 finalizou o encontro disputado en Rábade correspondente á décimo sexta xornada do grupo norte da liga de Primeira División Galega, no que se enfrontaron o Afer Formación de Rábade e o Panadería Oroso. Con esta vitoria o conxunto rabadense consolídase na segunda posición da táboa con 14 encontros gañados e tan só dous perdidos, por detrás do Club do Mar Xuvenil. A falta de dúas xornadas o Afer Formación sitúase como subcampión da liga xa que o terceiro clasificado, o Arteal Ventanas de Santiago, atópase con catro derrotas. Os puntos do equipo rabadense durante este encontro foron obtidos por Pedro Fernández, Alejandro Martínez e Elio López. O punto restante conseguiuno a parella de dobres formada por Pedro Fernández e Elio López. Dende o equipo de Rábade destacan a gran actuación de todos os xogadores do Afer Formación e en especial, do xogador Elio López, xa que se trata dun xogador do equipo filial que debutou nesta ocasión co primeiro equipo do Afer Formación. O Afer Formación B que milita na categoría de Terceira División Galega descansou nesta xornada e sitúase tamén na segunda posición da táboa. agro abril 11 Os sindicatos reclaman un prezo mínimo trala aprobación do Real Decreto lácteo O decreto lácteo aprobado a comezos do mes de abril polo Goberno establece a obrigatoriedade de contratos en todas as transaccións de leite crúa entre produtores e industria. A norma recolle a posibilidade de que unha organización de produtores poda negociar en nome dos seus socios todos os termos do contrato. Os sindicatos acollen a norma divididos. Xóvenes Agricultores valora a obrigatoriedade contractual, pero ve más sombras que luces. Dende o sindicato consideran que a aprobación do decreto lácteo “é un paso adiante positivo a obrigatoriedade da formalización de contratos homologados”, pero apuntan que “a problemática vencellada á evolución dos prezos percibidos polos gandeiros non queda resolta, plantexándose dúbidas sobre o papel a desenvolver polas organizacións de produtores e mesmo sobre a actitude que tomará a Comisión Nacional da Competencia”, explican. O Sindicato Labrego Galego expresou o seu rexeitamento ao decreto porque interpretan que impide a negociación colectiva dos prezos. “Condena ao sector a ficar á mercé dos prezos de miseria que lle marquen as industrias e a distribución”, apuntan dende o SLG. Segundo os representantes do sindicato galego o goberno renuncia, coa aprobación deste decreto, a o control público da produción na Unión Europea que garante o equilibrio no mercado e os prezos dignos. O SLG denuncia ademais que con este acordo as distribuidoras “terán as mans libres para impoñer as súas condicións e prezos ás industrias, condicións e prezos que repercutirán directamente no prezo en orixe percibido polas explotacións”. Fruga inicia unha campaña informativa sobre a obrigatoriedade dos contratos no leite A Federación Rural Galega demanda da Xunta o establecemento dun marco galego de negociación para que non sexan outros os que negocien no nome dos gandeiros e gandeiras galegas. Fronte ás propostas do Real Decreto lácteo a Xunta “debe establecer un marco de negociación galego volvendo a tratar de liderar a política láctea do Estado”, explican dende FRUGA. “Debe de deixar de facer deixación das funcións que lle son propias, impulsando a creación dunha Organización de Produtores de Leite a nivel galego”, engaden. Ademais apuntan que será necesario establecer unha normativa galega de cara a pactar coas cooperativas, “primeiras compradoras, que van ter na práctica a mesma problemática que as Organizacións de Produtores de Leite”. Cren necesario ademais establecer o Rexistro das OPL en Galicia e poñer en funcionamento a Inerprofesional Láctea de Galega. Segundo a federación renunciar a establecer un marco galego de negociación equivale a “non poñer en valor o 40% da produción do leite español e permitir que o seu mercado, tan deficitario, prefira abastecerse de produtos lácteos producidos fora do estado”. Sector Lácteo Galego Dende a Federación Rural Galega apuntan os datos: en Galicia aséntanse o 52% das explotacións leiteiras do Estado, producindo preto do 40% do leite español. “Mentres o Estado é deficitario en máis de dous millóns e medio de toneladas de leite para acadar o seu autobastecemento, Galicia produce para abastecer de leite e produtos lácteos a unha poboación de once millóns de persoas”, apuntan dende FRUGA. De cada tres litros producidos en Galicia hai que comercializar fóra do seu territorio máis de dous. Consideran que dentro dun “estado descentralizado onde as competencias en agricultura e gandería son competencias dos gobernos autonómicos, é de xustiza que Galicia deba liderar a política láctea que se desenvolva no Estado, igual que lidera a súa produción e conta co maior número de unidades produtivas”, explican. “No ano 2007 a media de prezos percibida polos produtores galegos estivo por riba da media do que cobraban os gandeiros españois. Na actualidade cambiaron as tornas, sendo os galegos e galegas os que menos cobran polo leite”, expoñen. “A Consellaría de Medio Rural conta na actualidade cos mesmos órganos. A diferenza estriba que o actual goberno da Xunta teñen case paralizados a Mesa do Leite, o Observatorio, os Contratos, etc. En vez de encarar desde aquí os problemas dos baixos prezos miran resignadamente para a política que desenvolve o MARM e limítanse a laiar os seus desacertos sen facer ren”, critican dende a FRUGA. “Parece que non lles importa que aumente o diferencial que cobran os produtores de leite”, explican, xa que “son os gandeiros galegos os que menos cobran dos países excedentarios do noso entorno da UE”. 21 XX. AA. estuda medidas contra as industrias que non trasladan as subas do leite A situación actual do mercado lácteo europeo está marcada por unha evolución á alza dos prezos do leite pagados aos produtores, “unha tendencia que algunhas das industrias que operan en Galicia non están a trasladar aos nosos gandeiros”, explicou o secretario xeral de Xóvenes AgricultoresASAJA Galicia, Francisco Bello. “Esta é unha situación que estamos analizando, que non nos gusta e por iso estudamos medidas contra esas industrias”, engadiu Bello. O secretario xeral de Xóvenes Agricultores lembrou que no mes de febreiro os gandeiros franceses “estaban a cobrar unha media de 32 céntimos de euro por litro, mentres que en Galicia, de acordo cos propios datos proporcionados polas industrias, o promedio de pago aos produtores foi de 30,64 céntimos”. Unha diferenza que se fai “máis notable se se observa o comportamento das principais industrias recolledoras en Europa: unha media no mes de fe- breiro de 33,59 céntimos”. Segundo Francisco Bello “non hai ningunha razón obxectiva para que esta tendencia de subida dos prezos non se traslade aos gandeiros galegos”, peor tratados, segundo o secretario de Xóvenes Agricultores, “por certas industrias”. O sindicato sinala que Lactalis, a firma francesa que mantén unha posición dominante no mercado español está a pagar en Francia ata 34,10 céntimos aos seus gandeiros proveedores, “que son case que catro céntimos máis ca o que perciben os produtores galegos”, explicou Bello. Xóvenes Agricultores amosou o seu desconcerto ante este tipo de comportamentos e que estas prácticas “non sexan motivo de preocupación para as autoridades estatais de Competencia, tan dispostas, por contra, a evitar calquera intento dos gandeiros por mellorar as súas relacións contractuais”, dixo Bello, en alusión á posición de Lactalis, “que está a distorsinar a política de prezos”. Os socialistas din que o MARM cumpriu as expectativas coa aprobación do Decreto Lácteo A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes asegurou o Decreto Lácteo cumpre tódalas expectativas para establecer a obrigatoriedade dos contratos entre produtores e industrias que poderán negociar conxuntamente o prezo do leite que permita fortalecer a posición dos produtores . A voceira socialista sinala que a obrigatoriedade aplicarase despois da moratoria de seis meses acordada no seo da Inlac xunto coas organizacións agrarias, e unha vez se aprobe o Regulamento Europeo. A parlamentaria explicou que os contratos homologados para o prezo do leite permitirán fortalecer a súa posición na cadea de valor do leite, para garantir e mellorar as rendas das explotacións, de xeito que a través das organizacións de produtores poidan negociar conxuntamente o prezo do leite. Di que isto permitiría aos produtores coñecer anticipadamente o prezo que se lles vai a pagar pola produción. Argumenta que este contrato será obrigatorio para as transaccións do leite crú e incluirá volume, calendario de entregas e prezo que terá en conta parámetros obxectivos coma a evolución dos prezos no mercado, o volume e as calidades, e así garante os custes de produción o que dotará de maior estabilidade ao sector. Verdes advirte que este Decreto recoñece e reforza o papel da INLAC establecendo as súas funcións, “xa que permite que un mediador actúe de árbitro no caso de non entendemento entre as industrias e os produtores”, subliñou. Engadiu que “aposta por unha maior transparencia no prezo do leite”. 22 agro abril 11 Os propietarios fores- O CETAL participa na presentación dos primeiros indicadores da sostibitais piden un pacto coas administración e lidade na gandería e na agricultura as industrias para va- Unha xornada para amosar os retos do sector agrogandeiro e os resultados das lorizar o monte investigacións máis recentes Os responsables de SILVANUS, Antonio de María, e de ASEFOGA, Jacobo Feijoo, fixeron un chamamento á administración e a todos os axentes do subsector forestal para “buscar un gran pacto forestal para Galicia”. Ambas as dúas organizacións, que aglutinan á maioría dos propietarios forestais galegos, indicaron que é preciso traballar en común con “todos os eslabóns da cadea forestal” para aproveitar o potencial dos montes e “facer del un sector economicamente viable e con potencial de futuro”. Tanto Antonio de María como Jacobo Feijoo explicaron que xa mantiveron contactos con industrias que operan en Galicia e indicaron que esas vías de colaboración pasan polas empresas de transformación, serradoiros ou taboleiros, “así como por aquelas que completan os ciclos de transformación, como ENCE no caso da pasta, que son vitais para pechar este ciclo de actividade económica”. Ambos destacaron, neste senso, o potencial do eucalipto. Os responsables das dúas organizacións aseguraron que a administración ten que fixar o marco lexislativo e as condicións para o desenvolvemento dun “diálogo amplo con el sec- tor, na procura de solucións de futuro cun gran consenso”. Entre os retos a enfrontar polos propietarios forestais destacan, o fraccionamento da propiedade: “hai que impulsar as SOFOR como instrumentos de agrupamento e investimento e xestión conxunta no monte”. En canto á lexislación consideran importante a lei de montes, lei de montes veciñais, cultivos enerxéticos, etc. Tamén contemplan a loita contra pragas e a necesidade de potenciar o desenvolvemento da certificación forestal e que “a sociedade coñeza que un monte certificado é igual a un monte ben xestionado e sostible”. Entre os retos tamén está a aposta para lograr unha silvicultura sostible e produtiva economicamente, e “aumentar a produtividade das nosas masas con rendementos óptimos (máis produción na mesma superficie), con mellores plantas, mellores prácticas selvícolas, etc”. Destacan, entre outros, a necesidade de potenciar o aproveitamento da biomasa, regulando a súa produción e consumo, como alternativa económica importante en moitas zonas forestais, así como apoiar os procesos de transformación que teñan a súa base en Galicia para xerar valor engadido e rendibilidade. A directora técnica do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, Mercedes Corral, asistiu en Madrid, á presentación dos “Primeiros Indicadores de Sostibilidade na agricultura e na gandería”. O encargado de inaugurar a xornada foi o secretario de Estado de Medio Rural e Auga, do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), Josep Puxeu. Logo tivo lugar a conferencia maxistral de José Mª Sumpsi, ex-subdirector xeral da FAO e catedrático da E.T.S. Enxeñeiros Agrónomos UPM, sobre “Os retos da agricultura para alimentar ao mundo en 2050”. Pola súa parte, o director do Centro de Estudos e Investigación para a Xestión de Riscos Agrarios e Medio ambientais (CEIGRAM) e catedrático da E.T.S. Enxeñeiros Agrónomos UPM, Alberto Garrido, realizou a presentación dos resultados do primeiro informe de indicadores de sostibilidade da PTAS. Mercedes Corral asistiu tamén en Madrid, á “Xornada técnica de análise da situación actual do sector cárnico español”, así como as súas posibilidades futuras e accións que deben emprenderse para ir decididamente á conquista dos mercados internacionais. Outra importante cuestión tratada nesta cita foi a influencia que sobre as actividades cárnicas están a ter e terán, no futuro, os avances científicos e tecnolóxicos que veñen sucedendo e os que están previsto se sucedan nos vindeiros anos, ademais das experiencias e perspectivas da comercialización exterior do xamón español. Durante esta xornada presentouse ademais a Guía Sector Cárnico Español que acaba de editarse. Nesta guía inclúense o informe da situación, as investigacións, as tecnoloxías, e os retos ante o futuro do sector. O BNG acusa a Medio Rural de “afogar económica e burocraticamente” ás explotacións gandeiras O BNG amosou o seu desacordo coa política agrogandeira da Xunta de Galicia. Segundo os nacionalistas a Consellería do Medio Rural “está a agravar cada día que pasa a situación dos gandeiros galegos”. O BNG criticou o afán de Medio Rural de “recortar as axudas que proveñen do CES (Contrato de Explotación Sustentable), cando supoñen un piar básico para o desenvolvemento das explotacións gandeiras galegas”. Os nacionalistas explican que para o acceso a estas axudas é indispensable o mantemento en condicións axeitadas das superficies forraxeiras así como a súa correcta identificación nas solicitudes, o cal se fai mediante o Sistema de identificación xeográfica de parcelas, unha ferramenta electrónica xestionada pola propia Consellería do Medio Rural. O BNG asegura que está a recibir constantes queixas de gandeiros que se atopan coa problemática de que entre a un 70-75% dos solicitantes dos CES se lles enviou unha carta para informar de que deben arranxar erros nas solicitudes. O BNG denuncia que os erros na identificación das parcelas veñen motivados pola propia Consellería do Medio Rural, xa que no SIXPAC cambian as referencias das parcelas. “Isto produce que agora se lles reclame aos gandeiros porque a parcela anterior non aparece na solicitude de 2010 cando esa parcela xa non ten ese número de referencia. A Consellería do Medio Rural pretende con isto que sexan os gandeiros quen lles explique e solucione o problema que produciu cos cambios a propia Consellería”, explican dende o BNG. Destacan ademais que no caso dos cultivos herbáceos se dividen por antigüidade segundo teñan menos de 5 anos e máis de 5. “Con este detalle, que non deixa lugar a interpretacións, é evidente que o prado que en 2009 tiña 5 anos, á forza en 2010 terá máis de 5. Por iso tamén Medio Rural fai unha reclamación, por entender que se debe manter na solicitude como de menos de 5 anos”. Tamén hai modificacións do SIXPAC solicitadas polos gandeiros, “aprobadas pola Consellería”, segundo apunta o BNG, o que “tamén aparece como un erro, co conseguinte recorte económico”. Consideran que o “abandono é dramático nas explotacións localizadas nas zonas de montaña que ven deste xeito lastrado o seu futuro agrogandeiro”. Alertan de que “a política do PP está contribuíndo a reducir o número de explotacións, sobre todo naquelas explotacións cunha importante cabana de vacún de carne”. agro abril 11 O SLG pide que non sexa necesario o permiso do cónxuxe para que as labregas poidan ser titulares Isabel Vilalba na Delegación do Goberno na Coruña A responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, entregou o día 14 de abril na Delegación do Goberno na Coruña un documento con alegacións ao anteproxecto de Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións. A primeira das alegacións pedía que se recoñezan os dereitos das labregas como titulares da explotación na que traballan sen necesidade de ter o permiso do seu cónxuxe, tal e como contempla agora mesmo o borrador da lei. Unha das alegacións ten que ver con que, en Galicia, o Servizo Galego de Igualdade da Xunta do bipartito creou unhas axudas para fomentar que as mulleres se inscribisen nun rexistro como co-titulares. Centos de labregas acolléronse a esta medida e solicitaron a inscrición. “Mais, ao final, o rexistro non se habilitou e estas labregas non foron inscritas”, explican dende o SLG. As alegacións da Secretaría das Mulleres piden que se habilite un rexistro e que se dea un prazo para facelo en todas as comunidades autónomas que non o teñan. A Secretaría das Mulleres incluíu alegacións pedindo que o recoñecemento dos dereitos das labregas se amplíe cunha Seguridade Social “asequible”. “A reforma da Seguridade Social Agraria en 2007, e a recente reforma do sistema de pensións, encareceu notablemente as cotizacións e puxéronlle máis difícil ás mulleres o acceso a unha xubilación digna”, explican. “Só un 5’5% das mulleres labregas acadan os 35 anos cotizados cando chegan á xubilación e máis do 32% chega hoxe aos 65 con quince anos cotizado ou menos”, denuncian. 23 O exceso de auga nos soros dos queixos xera un sobrecuste para as queixerías galegas O director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo presentou ante o secretario do Consello Regulador da Denominación de Orixe San Simón da Costa, Ángel Ramil, o presidente da Asociación de Produtores, Javier Piñeiro, autoridades da Xunta de Galicia e diversos expertos do sector os proxectos do CETAL en relación a este ámbito, no primeiro Encontro Gastronómico do queixo San Simón da Costa, celebrado en Vilalba, con motivo da décimo sétima edición da Festa deste manxar. Eduardo Vidal detallou os avances conseguidos, ata o de agora, do Proxecto SUERLAC que pretende dar viabilidade a distintas alternativas de valorización do soro lácteo de queixaría sobre a base da mellora da súa calidade en orixe. Entre os socios que participan no mesmo están o Centro nacional de Competencia Tecnolóxica do Leite PCTI Asturias, as Denominacións de Orixe Queixo Tetilla, Queixo do Cebreiro, Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo San Simón da Costa. En canto á primeira fase deste proxecto, a identificación e valoración do problema, as diagnoses do CETAL conclúen que o soro lácteo de queixerías ten un elevado potencial contaminante; que as queixerías de moi pequena dimensión teñen unha opción de xestión mediante a súa utilización en explotacións gandeiras asociadas (alimentación animal); que as queixerías de maior dimensión teñen potencial para emprender proxectos de valorización propios (enerxía); e que o groso das queixerías galegas solucionan o problema mediante a entrega a un xestor externo. “Non existe na actualidade un problema de contaminación, o que existe é un problema crecente de custes de xestión do soro lácteo. As características do soro lácteo en orixe condicionan a súa incorporación eficiente aos distintos procesos de valorización”, -explica o director do CETAL-. A pesares disto, Vidal destaca que hai xa numerosas opcións para a valorización do soro lácteo, como poden ser a alimentación animal, a produción de combustible, de aditivos alimentarios, de concentrados proteicos, de péptidos precursores, de excipientes farmacolóxicos, ou de fertilizantes, por exemplo. Ademais existen novas aplicacións en fase avanzada de desenvolvemento que pronto serán operativas industrialmente. Con respecto aos datos obtidos, Vidal sinala que existe unha produción anual de 220 millóns de litros de soro procedente dos queixos en Galicia. Sobre a súa calidade en orixe incide en que a salinidade é un dos principais problemas e o seu control ven determinado polo proceso de elaboración do queixo. Outro problema é a mestura de auga co soro, no que detalla “a porcentaxe ideal de litros de soro con respecto aos litros de leite é 0,9 litros soro/litros leite. Pero na realidade esa media no noso país e de 1,13 litros soro/litros leite. O exceso de auga nos soros dos queixos produce un sobrecuste na xestión do soro, o que lle supón ao total das queixerías galegas un gasto de 800.000 euros ao ano”. Entre as accións que dende o Centro desenvolverán, nunha se- gunda fase do proxecto SUERLAC, estarán: coñecer as características fisicoquímicas e biolóxicas do soro lácteo das queixerías galegas; definir os estándares de calidade do soro lácteo para cada opción de valorización; analizar os efectos da tecnoloxía utilizada nas queixerías galegas sobre as características fisicoquímicas e biolóxicas do soro lácteo; valorar e definir as melloras tecnolóxicas que permitan obter os estándares de calidade definidos para cada opción de valorización; e iniciar proxectos propios ou en colaboración dirixidos a desenvolver novas fórmulas de valorización do soro lácteo. Os novos proxectos O CETAL está a traballar no proxecto ProtQ-Proteína e protección, no que pretenden aproveitar a fracción proteica do soro lácteo na creación de biopelículas protectoras no envasado individual dos queixos das Denominacións de Orixe galegas dirixidos á exportación. Ademais está o proxecto QueSoS3S, que supón a participación en proxecto integral queixeiro para atopar rutas metabólicas con incidencia en sabor e aroma, novos métodos de detección e eliminación de patóxenos e potencialidade prebiótica, probiótica e funcional do queixo. 24 cultura abril 11 Xosé Luis Regueira, Catedrático en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago “A RAG é unha institución viva e activa tanto no cultivo coma na defensa do galego” Xosé Luis Regueira foi nomeado en marzo membro da Real Academia Galega Xosé Luis Regueira naceu en Goiriz, criouse en Alxide e viviu en Vilalba antes de marchar a Compostela -Como se sente un tras ser nomeado membro da Real Academia Galega? -Como podes imaxinar, moi contento polo que supón para unha persoa coma min que traballa coa lingua e pola lingua, pero tamén consciente da responsabilidade que debo asumir. -Como definiría esta institución –a RAG-? -Hai quen aínda ve a RAG como unha institución na que se ingresa polos méritos pasados, pouco activa e desconectada da sociedade. Isto puido selo no pasado, polas circunstancias históricas, pero hoxe a RAG é unha institución viva e activa tanto no cultivo coma na defensa do galego. E por iso o que fai ou di a RAG ten repercusión na sociedade. Certamente hai traballo por facer, moito e importante. Hoxe a RAG por tanto, para min, é unha institución que ten unhas funcións ben definidas e sobre todo un lugar de traballo tanto no estudo e codificación da lingua coma na defensa e o fomento social do galego. -Como filólogo, como ve a situación actual da lingua galega? -A situación da lingua presenta aspectos moi preocupantes, coma a perda da transmisión de pais a fillos e a escasa incidencia das políticas de normalización no uso do galego entre a xente nova. Seguramente isto débese a que as políticas lingüísticas aplicadas en Galicia en realidade non estaban des- eñadas para mudar eses comportamentos, senón para manter un estado de cousas que garantía a primacía social do castelán, aínda que se lle daba ao galego unha importante visibilidade institucional e simbólica. Agora vemos que hai grupos moi minoritarios, pero activos e con apoios mediáticos, que queren acabar con esas mínimas conquistas do galego. Mais tamén hai cousas positivas. Por exemplo, eses ataques provocaron unha reacción moi importante incluso en sectores pouco implicados na defensa do galego. O galego segue a ser a lingua habitual da maioría dos habitantes de Galicia, e hoxe hai máis xente comprometida co galego ca nunca. Para min, o mellor de todo é que hai moita xente nova, moi ben preparada, que traballa en galego. Estamos moi lonxe de ser unha reliquia. Se somos capaces de aproveitar todos estes elementos, estou seguro de que o galego ten futuro. Non sei se haberá mil primaveras máis, como quería Cunqueiro, pero seguro que o galego verá aínda varios centos delas. -Malia isto moita xente a considera unha lingua minoritaria, é así? - É a lingua maioritaria de Galicia. Por outro lado, non é unha lingua tan pequena como nos queren facer ver, pois somos un millón e medio de falantes. No mundo hai unhas 5000 linguas, e o galego, por número de falantes, está entre as 140 primeiras. Ten recoñecemento oficial e podemos dirixirnos en galego ás autoridades da Unión Europea. Podemos ler en galego os clásicos universais, temos ferramentas informáticas, unha importante presenza en Internet, e estúdase en moitas universidades do mundo enteiro. Isto non é unha lingua minoritaria. O que pasa é que en Galicia moita xente segue sen crer na posibilidade de termos unha Galicia moderna e desenvolvida sen renunciar á nosa lingua. Unha Galicia que fala galego non quere dicir unha Galicia pechada en si mesma, senón aberta ao mundo sen renunciar á súa propia personalidade. -Como ve o futuro da nosa lingua? - O futuro estamos a construílo cada día, cos nosos actos. O porvir está sempre aberto, cheo de posibilidades e de ameazas. De nós depende. Por exemplo, se lles falamos castelán aos nosos fillos, estámoslle pechando as portas ao futuro. Se falamos, escribimos, se traballamos en galego, estamos facendo que a nosa lingua se desenvolva e que teña futuro. -A RAG elabora as normas ortográficas e lingüísticas do galego, cre que a sociedade é coñecedora destas normas? -A maioría da sociedade coñéceas, por suposto. Hoxe todos os que teñen menos de 45 anos tiveron algunha escolarización en galego, e a maioría da xente “As linguas non son estáticas: unha lingua uniforme sería unha lingua morta” - Vostede naceu en Goiriz, que relación ten con esta terra? -Nacín en Goiriz e crieime en Aldixe, así que eu sempre digo que son de Aldixe, aínda que tamén un pouco de Goiriz. Dos 10 aos 18 anos vivín en Vilalba, así que tamén son de Vilalba. Despois fun estudar a Santiago e xa quedei alá, cunha paréntese de dous anos que estiven en Colonia, en Alemaña. Así que levo a maior parte da miña vida en Santiago, pero síntome de aquí, esta é a miña terra e veño con frecuencia. -Que variedades dialectais atopamos na Terra Chá? -As terras de Vilalba e o norte da Terra Chá forman parte da área lingüística mindoniense, que colle máis ou menos os territorios da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Non hai moitas diferenzas co resto do galego, pero hai algúns trazos que a fan peculiar, coma o verbo facer, que aquí dicimos faigo, faiga, ou o adverbio atrais. Tamén tempos palabras peculiares, coma deligras (ou celigras, ou teligras) para as cóxegas ou golpe para o raposo. -Que existan diferentes fonéticas e variedades na lingua é unha riqueza ou un problema? -Sen dúbida é unha riqueza. As diferenzas entre unhas falas galegas e outras son pequenas e non representan nunca un problema, pois non impiden a comprensión. Pode que non entendamos unha palabra solta, todo o máis. As linguas non son estáticas, porque as necesidades da comunicación mudan a cada paso, e a xente vai buscando solucións lingüísticas, e en cada sitio van aparecendo cambios que logo se difunden máis amplamente ou non. Unha lingua uniforme sería unha lingua morta. ten algún contacto co galego escrito, sexa a través de libros, prensa ou da administración. Iso supón que a xente ten algún coñecemento da forma escrita do galego. -Son bos os cambios? Se te refires a cambios nas normas ortográficas, en contra do que din algúns, a ortografía do galego cambiou poucas veces. Cambia máis a ortografía do castelán, que nos últimos 12 fixo dúas reformas ortográficas. Os cambios na ortografía sempre son discutidos, e sem- “O galego é a lingua maioritaria de Galicia, somos un millón e medio de falantes” “Non sei se haberá mil primaveras máis, como quería Cunqueiro, pero seguro que o galego verá aínda varios centos delas” pre encontran resistencias. De todos os xeitos a lingua ten que adaptarse á realidade, non pode quedar fosilizada. -Moita xente maior, sobre todo, non coñece nin entende, nalgúns casos, o galego normativo, por que cre que ocorre isto? - O que chamas “galego normativo” poden ser cousas moi diferentes. Galego normativo é o galego das películas da TVG, e a xente enténdeas. Isto pode ocorrer con algunhas palabras que tratan de substituír algúns castelanismos correntes. Mais hoxe ninguén se estraña de oír “rúa”, cando antes en Vilalba todos dicían “calle”, por exemplo. Outra cousa é a lingua técnica, a lingua da administración ou de certos ámbitos alleos á vida cotiá da xente. Hai expresións, por exemplo, no impreso da declaración da renda que resultan incomprensibles para a gran maioría da xente, tanto en galego coma en castelán. Pero isto non é un problema de “galego normativo”, senón da xerga administrativa. cultura abril 11 25 A Banda de Música de Vilalba celebra os seus vinte anos de vida Dende a presidencia buscan achegar a música a novos rapaces para que se unan ao proxecto no que cincuenta e seis músicos de distintas idades comparten a mesma paixón A Banda de Música de Vilalba comezaba a soar no ano 1987, pero non foi ata 1990 cando fixo a súa primeira actuación. En 1991 presentouse oficialmente e este mes de abril cumpriu 20 anos de vida. Foi o entón alcalde de Vilalba, José María García Leira, quen impulsou a creación da banda xunto ao que sería o primeiro director, Xosé Guntín. Agora 56 músicos ensaian as tardes dos xoves e dos sábados para preparar as actuacións, onde participan arredor de 40 músicos. Logo de 20 anos amosando a súa música por distintas vilas da xeografía galega afrontan o futuro con “moita ilusión, esmero e traballo”, explica a presidenta da Banda de Música, Alejandra Vázquez. Alejandra cóntanos que seguirán “procurando difundir a cultural musical e o nome de Vilalba en cada unha das nosas actuacións e esperamos acadar o apoio necesario para perdurar outros 20 anos máis”. Defínense como “unha banda formada por xente de tódalas idades, con diferentes gustos e maneiras de pensar, pero na que todos compartimos unha mesma paixón: a música”. Entre os seus retos a curto prazo está o de continuar medrando e “que novos rapaces se animen a unirse ao noso proxecto”, engade a presidenta.Preparan cada un dos concertos con “agarimo” para que acudan tanto veciños, como visitantes e animan “a toda a xente a que participe” en cada un dos seus concertos. Dende a Banda de Música destacan o apoio que reciben do concello de Vilalba: “a Banda ofrece os seus servizos sempre que se precisa e o concello o seu apoio loxístico e incluso económico cando os tempos o permiten”. Alejandra Vázquez destaca ademais a “colaboración desinteresada dos socios da banda e dos comercios e empresas vilalbesas, que poñen publicidade nos anuncios dos nosos concertos”, explica. Os integrantes da Banda de Música de Vilalba no ano 2010 Un concerto recorda os primeiros pasos da banda e os seus músicos A Banda de Música no ano 1993 na Alameda de Vilalba Os integrantes da Escola de Música en xullo do ano 1989 A Banda de Música cumpre dúas décadas e celébrao con multitude de actos e proxectos. O primeiro deles é o concerto que organizaron no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba o pasado día 23 de abril. A celebración comezou coa emisión dun documental que repasou a historia da Banda de Música de Vilalba e que deu a coñecer o que se esconde detrás de cada un dos concertos da banda vilalbesa. Trala emisión dun anaca da historia da banda, comezou o concerto, no que os músicos interpretaron obras novas e lembrou outras que se tocaron no primeiro concerto. Dende a presidencia da banda apuntan ademais que un ingrediente importante “será o reencontro con tódolos antigos membros que desexen acompañarnos na nosa festa, así como cos antigos directores, tendo sempre na nosa memoria a figura do finado Pepe Guntín, verdadeiro símbolo da nosa banda”. Verán musical A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba organiza para os meses de xullo e agosto o Curso de Iniciación á Música, no que se poderán inscribir todos aqueles que sintan curiosidade por aprender a tocar un instru- mento. Unha iniciativa coa que queren captar máis músicos e que mozos e mozas de Vilalba descubran a música e se inicien nesta disciplina. A banda celebrará ademais o V Curso de Verán os días 27, 28 e 29 de xullo. Un taller destinado a músicos profesionais. Dende a Banda de Música confirman a presenza de tres profesores: Luís Perandones en frauta, Darío Mariño en clarinete e Diego Ventoso en percusión. Poderán apuntarse tódolos alumnos e alumnas interesados. Para rematar o verán celebrarán o VII Festival de Bandas Pepe Guntín, dentro da programación festiva do San Ramón, concretamente o sábado 3 de setembro. Proxectos futuros Ademais dos tradicionais concertos de Santa Icía, en novembro, e de Nadal, para esas datas está previsto que haxa unha Exposición de Instrumentos Antigos e Fotografías, na sala de exposicións do Auditorio Municipal, sen data fixada polo de agora. Dende a banda aseguran que a mostra servirá para amosar “unha parte da nosa historia, tanto no que se refire á nosa banda como no que se refire á nosa cultura, dun xeito xeral”, destacan. Comezan o aniversario con acti- vidades programadas e outras aínda por confirmar que se estenderán ao longo do ano. Entre outras propostas dende a Banda de Música adiantan a idea de organizar un Ciclo de Novos Intérpretes para dar a coñecer aos músicos que están comezando a súa carreira. Ademais teñen en mente a idea do Outono de Banda, un ciclo de concertos ofrecidos por varias bandas de música, que terían como lugar de celebración o Auditorio Municipal Carmen Estévez. Proxectos... Curso de Iniciación á Música para aprender a tocar un instrumento V Curso de Verán para músicos VII Festival de Bandas Pepe Guntín nas festas do San Ramón Exposición de instrumentos antigos e fotografías Ciclo de Novos Intérpretes Ciclo de Concertos Outono de Banda 26 cultura abril 11 axenda cultural exposicións teatro mondoñedo burela “No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro” auditorio. ata o 18 de maio “contos no ar” casa da cultura. 14 de maio. 18 horas. Comisariada por María García e Víctor Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En oito vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa obra galega e castelá ademais de traducións a linguas estranxeiras, unha pequena selección da súa obra xornalística, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa vida A compañía Artestudio Teatro presenta a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlin, tamén chamado “TÍ". "Tí" caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así llos entrega aos nenos lugo “konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas ” auditorio municipal. 13 de maio. 11.30 horas. “Cen por Cen Seoane. 100 anos, 100 lugares” fundación caixa galicia. ata o 8 de maio ribadeo Trescentas cincuenta pezas orixinais e centos de documentos e imaxes conforman a exposición. Xosé Díaz, unha das persoas que máis e mellor coñeceu ao artista, é o comisario, que nos ofrece unha estrutura do contido en cen seccións A compañía Sarabela Teatro conta a historia da señora Bartolotti cando recibe un día por correo un fillo de 7 anos: Konrad. Con inspiración e humor,la obra conta as emocionantes e divertidas situacións nas que se ve envolta a señora Bartolotti pola presencia de Konrad, e como o defende, cando se descubre que houbo unha equivocación na entrega a domicilio do neno lugo a coruña “Tinos y Titubeos” Galeria Amararte. ata o 15 de maio “bob esponja, esponja que podía volar ” palacio da ópera. 13 de maio Exposición de pintura da artista Ruth Núñez Ares O espectáculo do recoñecido personaxe de televisión chega á cidade da Coruña para achegar aos máis pequenos á súa historia no fondo do mar eventos lugo Músicas na Vidreira 2011 todos os días ata o 23 de maio Pretende servir de apoio aos novos intérpretes que ofrecen actuaciones duns veinte minutos repartidos entre a Vidriera de Veterinaria, a sala E=mc2, a sede do IBADER e as rúas do centro da cidade. Participan o Conservatorio Profesional de Música de Lugo, o Centro Autorizado Profesional de Música Galén, o Conservatorio de Música Profesional de Fingoi e a Escola de Música Fábrica de Sons lugo Track Dogs Clavicémbalo. 19 de maio lugo Dry Martina Clavicémbalo. 21 de maio ás 21 horas lugo Arde Lucus 2011 - Arde Lvcvs MMXI Praza Maior. 17, 18 e 19 de xuño Lugo volve un ano máis a viaxar no tempo para celebrar esta festa romana concursos Certame literario Letras Galegas ata o 6 de maio do 2011 Poden participar todo os rapaces e rapazas da comarca da Terra Chá. Existen varias modalidades repartidas en prosa e poesía e os premios tamén se dividen en función das idades dos participantes X premio Carlos Casares de microrrelato ata o 13 de maio do 2011 Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en calquera dos dous idiomas oficiais en Galicia. Convocado polo Liceo de Ourense está dotado con 1.500 euros Bolsas de Creación Artística no Extranxeiro Gas Natural Fenosa 2011 ata o 17 de xuño do 2011 Destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non cumpran os 35 anos o 31 de decembro de 2011 III Certame de Banda Deseñada sobre Teatro ata o 25 de xuño do 2011 A Asociación Cultural Entre Bambalinas convoca este certame co obxectivo de contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego recomendacións Qué ler? Cabalo de ouros Víctor F. Freixanes. Editorial Galaxia a elección de: Despois de case dúas décadas de silencio, Víctor Freixanes afonda nesta obra nos anos da posguerra, nunha época na que o wolframio foi protagonista do nacemento e da morte de cidades creadas arredor da extración deste mineral co que se abasteceu a industria armamentística alemaná. A trama xira arredor dunha partida de cartas entre representantes dos sectores máis acomodados da sociedade. Unha partida de naipe e unha historia de amor. As palabras en Cabalo de ouros amosan a música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral galega. Con Cabalo de ouros o autor recibiu recentemente o premio Irmandade do Libro ao autor do ano, galardón que concede a Federación de Libreiros de Galicia. Qué escoitar? Phosphorescent “Here’s to taking is easy” por Félix Jorquera Phosphorescent é unha desas bandas que xiran en torno a unha persoa, neste caso: Matthew Houck. Coas ideas ben claras, o grupo (ou el) propoñen un son de corte folk inspirado en Dylan, Byrds, Lovin´ Spoonful e demais fauna sesenteira. As súas cancións directas e sinceras enchen dende a primeira escoita e transpórtannos a ambientes campestres e floridos. Un álbum (o sexto xa) excelente con cortes tan harmónicos coma “I don´t care if there´s cursing” ou máis folkies “Nothing was stolen”. Se che gustan os primeiros REM, os Jayhawks ou The Coral, gozarás con Phosphorescent. Qué ver? 27 abril 11 Moncho Paz Xornalista Un Libro para ler pola noite La vieja sirena de José Luis Sampedro Un CD para escoitar no coche Calquera de Steely Dan ou dos Rolling Stones Unha película Mellor unha obra de teatro: El castigo sin venganza de Lope de Vega Unha cidade para visitar La Habana Unha comida Unha bebida Empanada de bacallau con pasas (crianza ou reserva) 18 comidas Director: Jorge Coira e guión: Jorge Coira, Araceli Gonda e Diego Ameixeiras. Reparto:Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Sergio Peris, Víctor Clavijo, Juan Carlos Bellido, Víctor Dupla, Xosé Barato, Pedro Alonso. Drama, 2010 18 comidas é un crisol de historias que se entrelazan nun só día. Un artista volve a ver ao amor da súa vida. Dous borrachos almorzan cubatas con marisco. Un home cociña unha e outra vez para unha muller que nunca chega. Unha parella esconde o gran amor que os une. Unha cociñeira soña con triunfar na canción. Unha moza vese inmersa nun complexo triángulo amoroso. Unha parella de anciáns pasa as horas en silencio. Un ciudadán macedonio atópase perdido en Santiago por culpa do desamor. Rodada en Galicia, 18 comidas cóntanos unha viaxe emocional arredor de varias personaxes moi diferentes que loitan por acadar a felicidade. Un sitio para vivir Compostela Ramón Bilbao Unha persoaxe histórica Clara Campoamor 28 natureza abril 11 Guitiriz, a auga como fonte de saúde O Xogo dos Andrade lévanos de ruta por Guitiriz O xogo Unha viaxe pola terra dos Andrade permite adentrase na riqueza patrimonial e paisaxística da comarca da Terra Chá. É un periplo con probas de habilidades e coñecementos que nos descubre o pasado e o presente da comarca. Son nove rutas polos nove concellos que invitan a coñecer a zona e a relacionarse cos seus veciños e veciñas. O Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá presentou a iniciativa en a finais do mes de febreiro. Unha viaxe a través do patrimonio histórico e natural Un percorrido polos ríos Parga e Ladroil, dende a ponte de Santo Alberto ata a carballeira de Pardiñas. Unha senda que une as tres fontes de augas antes nomeadas: a área recreativa de Valdovín, San Xoán de Lagostelle, e fonte de Santo PerDomingo en Pardiñas. Balneario de Guitiriz e Pardiñas O balneario de Guitiriz inaugurouse a principios do século XX e foi un dos motores importantes da economía da vila. Durante a Guerra Civil funcionou como hospital para as tropas mouras polo que se construíu unha mesquita próxima ao hotel. Nos anos Onde comer Mesón da Cabra Mesón da Cabra, s/n Sete Muíños Avenida Balneario s/n 50 o balneario sofre unha decadencia e hoxe en día volve a vivir unha etapa de esplendor. Unhas instalacións termais que seguen sendo un gran reclamo turístico para a zona. O balneario de Pardiñas foi inaugurado a comezos dos anos 50. As instalacións están próximas ao escenario do Festival de Pardiñas, onde un pequeno edificio acolle no seu interior unha fonte dun único caño. O poder curativo das augas do balneario é coñecido dende hai anos e moita xente chegaba á zona para beber as escasas aguas da fonte de Santo Domingo que brotaban de entre as pedras. Parrillada El Cisne General Franco, 147 Mesón O Pozo Forxá, 1 Onde durmir Pensión La Casilla Situado na rúa da amizade, 19. 982.370.188. Albergue Deva Pronatura Situado no Lugar de Eirexe, 7 en Sambreixo de Parga. 629.878.984 Camping El Mesón Estrada NVI, quilómetro 535, a 5 km de Guitiriz. 982.373.288 Área de Autocaravanas Ao lado do Centro de Interpretación da Auga. Hostal Rúa Lugar de Pardiñas. 982.370.107 Como chegar A 38 quilómetros de Lugo, a 52 da Coruña e a 72 quilómetros de Compostela. Dende Madrid, Lugo e A Coruña pola N-VI o A-6, saída 535. Dende Santiago pola N-634 ou pola A-9 ata Guísamo e N-VI ou A-6, saída 535. Dende Asturias por Ribadeo. N640 ata Lugo e N-VI ou A-6, saída 535. Dende Pontevedra dirección Santiago na A-9, N-634 e un tramo final pola N-VI. Desde Ourense pola N-540 e NVI ou A-6, saída 535. Cascada do Muiño da Ruxida en Parga O primeiro que descubrimos ao abrir o caderno de viaxe do Xogo pola Terra dos Andrade no concello de Guitiriz é a procedencia do seu nome: Witricus é o señor da guerra suevo que dá nome á localidade chairega. Comezamos a ruta na igrexa do Sagrado Corazón de María que nos descobre un dos poucos reloxos de sol analemáticos -sabemos a hora grazas á proxección da sombra sobre a elipse horaria- que existen en España. Aquí arranca a ruta que nos leva a un paseo polas beiras do río Parga, no tramo coñecido como río Forxá. Aquí escoitamos a banda sonora desta viaxe: o son da auga será unha constante. Unha viaxe que permitirá ao visitante coñecer de preto as propiedades da auga. As augas mineiro medicinais son o recurso estrela de Guitiriz. Os manantiais de Valdovín, San Xoán e Santo Domingo son as fontes que proporcionan propiedades curati- vas para doenzas no fígado, no ril e na pel. Unhas características que aproveitan os dous balnearios da zona, o de Pardiñas e o de Guitiriz. Tras deixar atrás o balneario de Guitiriz chegamos ao río Pardiñas, onde cruzamos as vías do tren para ver de preto o balneario de Pardiñas. Un nome que nos trae á cabeza o tradicional festival que organiza cada ano a Asociación Cultural Ergueitos dende o ano 1980. Un referente do folk galego que se celebra o primeiro fin de semana de agosto. É momento de descanso e reflexión. Para o primeiro aconsellamos comer unha torta de millo típica da localidade e para o segundo recordar que o xacemento Pena Xiboi, situado en Parga, nos achega unha mostra do rico patrimonio histórico e cultural da zona. Guitiriz ofrece ademais coñecer a súa riqueza a través da ruta de sendeirismo sobre a auga. A auga é un dos reclamos turísticos desta localidade chairega A presa de Merra no lugar de Bascuas da parroquia de San Salvador sociedade abril 11 29 A escola de Taekwondo Moo Duk Kwan desplazouse o día 30 de abril a Tenerife para participar no segundo Open Internacional El Rosario. Os deportistas Janice Lopez, David Ansede e Michael Lopez, integran o equipo que dirixe Antonio Montes. Unha proba para para preparar o campionato de España que se celebrara o vindeiro 28 de maio en Segovia. A Peña Deportivista de Vilalba viaxou ata Riazor o día 17 de abril para asistir ao encontro que enfrontou ao Deportivo e ao Rácing de Santander. Sotavento participa na creación da Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica. O obxectivo é fomentar a divulgación do coñecemento científico na nosa terra. As alumnas da Escola de Iniciación ao Movemento de Vilalba participaron no programa Vaia Troula da Televisión de Galicia que se achegou á Feira do Queixo de San Simón. 30 sociedade marzo 11 como pasa o tempo! concursa con fotodenuncia Apagón en Vilalba Participa no noso concurso mandando un sms ao teléfono 982 050 012 e dando a resposta que ti creas para acertar co noso persoaxe do mes: Entre os acertantes sortearemos unha cea para dúas persoas no Restaurante A Nova Ruta. ¿Quen é esta rapaz? Como pista: Irá nun posto alto nunha lista para as vindeiras eleccións municipais Gañador: Javier Iglesias Solución do mes pasado: Xosé Manuel Rus Esta é Vilalba durante as noites. A falla de iluminación nalgunhas rúas da vila fai delas un sitio inseguro e escuro. As farolas non están acesas e obrigan aos vehículos a conducir coas luces de largo alcance. Unha situación que ocorre sobre todo nos barrios da capital chairega. publicidade abril 11 31 ANUNCIOS POR PALABRAS ANÚNCIESE (GRATIS A PARTICULARES) TLF/FAX: 982 51 03 35 - TERRA CHÁ.XA. APTO. 86 27800 VILALBA - terrachaxa@fmpublicidade.com ofertas inmobiliarias BÚSCASE PRAZA DE GARAXE EN ALUGUER. ZONA PLÁCIDO PEÑA DE VILALBA. TELEF.:666 727 372. -ALÚGASE APARTAMENTO EN PRIMEIRA LIÑA DA PRAIA DA RAPADOIRA EN FOZ. TELF. 982 512 204 e 638 607 236 VÉNDESE CASA DE PEDRA EN SEIXAS, COSPEITO. PLANTA BAIXA E PRIMEIRO PISO. TELÉF.: 620 800 803 - ALÚGASE BAIXO/LOCAL DE NEGOCIO, CON RENDA BAIXA EN CASO DE QUE A REFORMA CORRA POR CONTA DO ARRENDATARIO. TELÉFS. : 981 23 59 30 E 659 635 991. relacións persoais -CÓMPRASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA. INTERESADOS EN VENDER CHAMAR AO TELÉFONO 678 827 142 -ALÚGASE PISO AMUEBLADO NA AVENIDA TERRA CHÁ. PREZO A CONVIR. TELF. 635 254 585 -VÉNDESE PISO DE 120 M2 NO CENTRO DE VILALBA, RÚA XOSÉ MARÍA CHAO. 120.000 EUROS. TELF. 647 124 512 - SEÑOR DE 50 ANOS RELACIONASE CON RAPAZA DE 35 A 45 ANOS CON FINES SERIOS. TELF: 647 531 986 - CHICO DE 40 ANOS BUSCA CHICA DE ENTRE 30 E 45 ANOS DA PROVINCIA DE LUGO. TELF: 678 37 53 28 - CHICO DE 37 ANOS BUSCA MADURA SOLVENTA PARA COMPAÑÍA. TELÉF. 660 89 36 52. -RAPAZ SOLTEIRO BUSCA RAPAZA SOLTEIRA ENTRE 30 E 45 ANOS DA PROVINCIA DE LUGO. TELEF.: 648 147 243 -CHICO DE 30 ANOS BUSCA CHICA DE 20 A 30 ANOS. TELÉF.: 677 789 287 -RAPAZ DA TERRA CHÁ DE 39 ANOS BUSCA RAPAZA DA ZONA. TELEF.: 680 553 639 -RAPAZ SOLTEIRO DE 36 ANOS BUSCA RAPAZA DA PROVINCIA DE LUGO. TELEF: 672 427 698 -RAPAZ DA TERRA CHÁ BUSCA RAPAZA DA PROVINCIA DE LUGO ENTRE 40-50 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELEF.: 649 596 996 ofertas de motor - VÉNDESE CASA EN XERMAR, NO BARRIO RIBA DE INSUA, EN COSPEITO. PARA RESTAURAR. 120 MTRS CADRADOS, LUZ, POZO, ALPENDRE E 2 FERRADOS DE TERREO. ESTÁ REXISTRADA TELF.: 982 52 01 38. -PARTICULAR CON EXPERIENCIA OFRÉCESE PARA COIDADO DE MAIORES E TAREFAS DOMESTICAS, ASEO PERSOAL E COIDADO DO CABELO. TELEF. 982 39 01 33 RESTAURANTE DE VILALBA NECESITA CAMAREIRA/O PARA COMEDOR CON EXPERIENCIA. INTERESADAS / OS ENVIAR CURRICULO AO APARTADO 86, 27.800 VILALBA ofertas do agro -VÉNDENSE ESTACAS DE CASTAÑO. TELF. 635 254 585 - VÉNDENSE TENREIRAS DE 2 ANOS APROX. E VACAS DE LEITE, BOMBA DE LAVADO DE 3.000 LITROS, CIRCUITO DE ORDEÑO WESTFALIA DE 4 PUNTOS E CUBAS DE ACEIRO DE 200/300 LITROS. TELF. 667 418 605 - VÉNDESE TRACTOR JOHN DEERE 515 CON DIRECCIÓN ASISTIDA. TELF. 630 57 96 43 - ALÚGASE PLAZA DE GARAXE EN RÚA DA PRAVIA, AO LADO DA ZAPATERÍA CAMBA. 30€ AO MES. TELEF.: 982 512065. -VÉNDESE PARCELA DE 7000 M2 EN TROBO (BEGONTE).ACCESO DESDE PISTA ASFALTADA..ALLANADA CON EXCAVADORA.CON REGO NATURAL.PÓDESE PLANTAR. Email:alfaduende@hotmail.com. TLFS: 982511396 OU 664649513. -OFRÉCESE SEÑORA PARA LIMPEZA, ATENCIÓN A PERSOAS OU TAREFAS DO FOGAR. DISPOÑIBILIDADE PARA TRABALLAR POLAS MAÑÁNS, TARDES OU POR HORAS. DESPRAZAMENTO POR TODA A TERRA CHÁ E ARREDORES. TELEF. 622 418 196 -VENDO AUTOCARGADOR MARCA TATO 3T19. SEMINOVO. TELÉFS: 982 164467 E 620 449 460 - VÉNDENSE RENAULT CLÍO 1.900 DIÉSEL. BO ESTADO. BARATO. TELÉF.: 634 440 716 - VÉNDESE OPEL KADETT 17.00 DIÉSEL, LUGO-L. TELF.: 626 205 201 - REALÍZANSE TODO TIPO DE TRABALLOS FORESTAIS: DESBROCE, PODA E PODA EN ALTURA, PLANTACIÓNS, CORTA DE LEÑA, TRABALLOSDE XARDINERÍA, PECHES DE DE FINCAS, ETC. TELEF.:696 224 709. ECONÓMICO. -VÉNDENSE NOVILLOS E VACAS DE LEITE CON BOA PRODUCIÓN. ZONA DE VILALBA. TELÉF. 664 103 964 -VÉNDESE SEAT TOLEDO 1.9 TDI 110 DIESEL DE AGOSTO DO 2000. MOITOS EXTRAS E MOI COIDADO. COR AZUL. PREZO: 3.800 EUROS. TELF – 655.457.897 -FÁNSE LIMPEZAS DE FINCAS E XARDÍNS. DESBROCE MANUAL. PRECIOS ECONÓMICOS. TELÉF. 647 441 483 demandas de traballo -TRACTORES DE LEÑA DE ARBALLO PREPARADA PARA COCIÑAS. POSTA EN DOMICILIO. PREZO 250€. TELEF: 634 440 716 -AXENCIA DE MODELOS SELECCIONA MODELO. TELEF. 677 78 92 87 -BÚSCANSE PERSOAS PARA TRABALLAR ENSOBRANDO PUBLICIDADE DESDE CASA, OFICINAS OU TENDAS. INFORMACION ENVIANDO UN SELLO PARA RESPOSTA A C/ MARÍA PITA 23-25 3º IZQUDA. LA GÁNDARA, NARÓN, 15570 A CORUÑA. -VÉNDENSE 2 INCUBADORAS. TEL: 630 84 36 10 outras ofertas - VÉNDESE COLCHÓN FCA25, MANOPLAS, CHALECO PARA CADEIRA DE RODAS, BARRAS PROTECTORAS PARA CAMA DE 1.35. TODO PARA ENFERMOS. TELÉF. 630 57 96 43 - VÉNDESE CALENTADOR ELÉCTRICO DE 300 LITROS. TELF. 667 418 605 - VÉNDENSE VITROCERÁMICA E ASPIRADOR DE MANGO PARA BARRER. 15 DÍAS DE USO. TELÉF. 630 57 96 43 -VÉNDESE MEL CASEIRA. TELF. 659 25 77 42 -VÉNDESE DORMITORIO XUVENIL COMPLETO. PRÁCTICAMENTE NOVO. BO PREZO. TELF. 982 51 17 76 -VÉNDESE CASA DE LADRILLO SEN REMATAR CON FINCA DE 1600 METROS CADRADOS EN SANTA CRISTINA, COSPEITO. TELFE. 635 254 585. -ALÚGASE VIVENDA E CASA ANTIGA TOTALMENTE EQUIPADA. PRAZA DE SAN JUAN. TELEFS. 981 23 59 30 E 659 635 991 -VÉNDESE OU ALÚGASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA. TOTALMENTE REFORMADO, 60 MTRS. CADRADOS (APROX.).TÉLEF. 680 760 205. -BÚSCASE CASA AMOBLADA NOS ALREDEDORES DE VILALBA. TELEF.: 622 05 54 11 -VÉNDESE CASA UNIFAMILIAR EN VILALBA. 3 DORMITORIOS, 1 BAÑO, 1 ASEO, SALÓN-COMEDOR E TERREO POR DETRÁS DA CASA. TELÉFS.: 669 612 066 - 686 464 742. - VÉNDESE CASA DE PEDRA DE 400M2 CON 18000 M2 DE TERREO.2 COCIÑAS (UNHA DE LAREIRA E OUTRA ECONÓMICA).PISO DE MADEIRA EN USO.2 HÓRREOS..POZO DE PEDRA. CARBALLEIRA PROPIA DIANTE DA CASA.EN SAN VICENTE DE PENA(BEGONTE).NECESITA RESTAURAR.Email:alfaduende@hotmail.com. TLF:982396193 ofertas de traballo -OFRÉCESE CHICA PARA LIMPAR POR HORAS OU COIDAR NENOS, PREFERENTEMENTE POLAS MAÑÁS. INTERESADOS CHAMAR AO TELEF. 637 249 602 -BÚSCASE TRABALLO COMO PALISTA, TRACTORISTA OU CAMIONEIRO. TELEF. 679 265 844 -OFRÉCESE CHICA PARA COIDAR DE PERSOAS MAIORES TANTO DE DÍA COMO DE NOITE. TELF.: 629 987 316 -VÉNDESE CITROËN JUM PER 2.0 HDI ANO 2003 CON 143.000 km. HOMOLOGADA PARA 9 PRAZAS. MOI COI DADA. 4.000 €. ITV RECEN PASADA. 646 853 950 -VÉNDESE VITROCERÁMICA CON MOI POUCO USO. PREZO: 150 €. TELEF: 630 40 75 33 -VÉNDESE FRIGORÍFICO GRANDE con 3 CAIXÓNS, PREZO ECONÓMICO. TELÉF. 672 427 698 -VÉNDESE ESTUFA DE QUEROSENO DE 2.900 W. TELEF: 606 774 185. -VÉNDESE COXÍN DE MASAXE SEMI NOVO CON INFRAVERMELLOS PARA TRATAMENTO NAS COSTAS. USO EN CADEIRAS, SOFÁS, CAMAS. ANTI STRESS. PREZO 150€. TELÉFONO DE CONTACTO 610 39 40 52 -VÉNDENSE MOBLES POR CAMBIO DE DOMICILIO. MOI ECONÓMICOS. TELÉF.: 618 931 821 -VÉNDENSE 2 PÍOS DE PEDRA, 1 CARRO DE MADEIRA E 1 ARMARIO ANTIGO DE CASTIÑEIRO PARA RESTAURAR. TELEF.: 659 257 742 -FÁNSE TRABALLOS E MANTEMENTO DE XARDÍNS E FINCAS. DESBROZES MANUELES,PODAS ETC.TLFN:656 946 720 E 673 578 215. -CÁMBIASE UN ROTATIVO MARCA MORRA POR UN MAIS PEQUENO. TELEF.: 605 680 188
Similar documents
Ás portas do San Froilán 2014
preguntan o seu significado e din que venturoso mes non se atopa en ningún Pobo cousa ¡onde se xuntan! igual. Xesús… Xesús… ¡que horror! un que se vai.. A valla ao servizo do Pobo, co seu outro que...
More information